Saltar ao contido

Clarissa Pinkola Estés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaClarissa Pinkola Estés
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1945 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Gary, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSt. Joseph's High School (en) Traducir
Colorado Heights University (en) Traducir
Union Institute & University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicóloga, poetisa, escritora Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteMedvik >>>:Estés, Clarissa Pinkola, 1945-, Editar o valor en Wikidata
Páxina webclarissapinkolaestes.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1393672 Musicbrainz: 328e45e6-c6bd-408c-9da6-97652dd74ee6 Discogs: 4032631 Editar o valor en Wikidata

Clarissa Pinkola Estés, nada en Indiana o 27 de xaneiro de 1945,[1] é unha psicóloga junguiana, poeta e escritora estadounidense especializada en traumas post-guerra. Fíxose mundialmente coñecida polo seu libro de 1992, Women Who Run With the Wolves, onde abordou o arquetipo feminino, os seus misterios e potencia con base en mitos, historias ancestrais e contos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estés naceu e criouse nunha pequena vila no estado de Indiana,[2] filla de Cepción Ixtiz e Emilio Maria Reyés, de ascendencia mexicana e nativa americana. Os seus pais eran braceiros mexicanos, próximos ao límite con Míchigan. En casa aprendeu a falar castelán, mais Clarissa foi entregada en adopción aínda moi pequena. Aos catro anos de idade, foi adoptada pola parella de inmigrantes húngaros, Maruska Hornyak e Joszef Pinkola, tamén moi pobres e analfabetos.[3][4]

Convivindo con inmigrantes dende a infancia, Clarissa tivo acceso a moitas historias, lendas e mitos doutros pobos, contados e recontados por parentes e polos pais adoptivos.[2][1] Despois de rematar o ensino medio, Clarissa mudouse a Colorado. Casou por primeira vez en 1967, divorciándose en 1974. A unión resultou en tres fillas, que ficaron baixo a súa custodia.[3][4]

Clarissa formouse en psicoloxía e psicoterapia pola Colorado Heights University en 1976.[4] No Union Institute & University, en Cincinnati, obtivo o doutoramento en psicoloxía étnico-clínica en 1981, con foco na historia indíxena e de padróns psicolóxicos e sociais de grupos e culturas tribais.[2][1] En 1984, fixo o post-doutoramentoo pola The Inter-Rexional Society of Jungian Analysts, en Zürich, en Suíza. É psicóloga rexistrada, especializada en recuperación postraumática e psicanalista con práctica clínica.

Como especialista en sucesos traumáticos e recuperación post-trauma, comezou a traballar na área aínda na década de 1960 no hospital de veteranos Edward Hines Jr., de Illinois. Atendeu pacientes veteranos da primeira e da segunda guerras mundiais, alén de ex-combatentes da guerra de Vietnam con perdas de membros ou en cadeira de rodas.[2][1] Axudou tamén as familias de pacientes e persoas con trastorno por estrés postraumático. Ensinou escritura creativas en varias prisións dos Estados Unidos.

Participou en lugares de desastres naturais, onde desenvolveu un protocolo de recuperación post-trauma para os sobreviventes do terremoto de Armenia. Tal protocolo foi traducido para diversos idiomas e vén sendo usado en lugares de desastre para axudar os sobreviventes na recuperación e en como orientar os rescatadores.[2] Tamén traballou na comunidade tralo masacre de Columbine entre os anos de 1993 e 2003. Traballou ademais cos asistentes do sistema de atención 911 nos Estados Unidos e con familias de sobreviventes de desastres e masacres.

Literatura

[editar | editar a fonte]

É autora de diversos libros traducidos a máis de 35 linguas. Clarissa comezou a escribir con preto de 25 anos, mais o seu primeiro libro só foi publicado vinte e cinco anos despois.[3] Escribiu poesías e boa parte das historias que recompilou nas viaxes e nos anos de traballo. Arredor desa época, Clarissa casou novamente, cun 1º sarxento da Forza Aérea dos Estados Unidos. O seu nome comezou a gañar fama cando empezou a traballar na radio, en 1989, falando de Jung, en Denver. Iso levou a un contrato cunha gravadora para lanzar fitas de casete coas súas observacións e orientacións; algúns meses, as súas fitas foron líderes de vendas no país.

As editoriais interesáronse por Clarissa tralo éxito de venda das súas fitas e algúns meses despois preto de seis editoras comezaron a facer ofertas por un libro seu. O seu primeiro libro, Women Who Run With the Wolves: Myths and Stories about the Wild Woman Archetype, foi un grande éxito e mantívose preto de setenta semanas na lista dos máis vendidos do The New York Times.[5][2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Clarissa Pinkola Estés". Consultado o 3 de setembro de 2019.  Hai unha certa diverxencia en canto á data oficial, pois a autora declarou datas diverxentes en entrevistas varias veces, sendo que inicialmente era 1943, despois 1945 e agora vén declarando ser 1946.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Bigraphy". Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Estés, Clarissa Pinkola: 1943—: Writer, Psychologist". Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Clarissa Pinkola Estés". Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  5. Clarissa Pinkola Estés (ed.). "Clarissa Pinkola Estés, author of Women Who Run With The Wolves". Consultado o 3 de setembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]