Cinco días de Milán
Cinco días de Milán | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Revolución contra a ocupación austríaca. | |||||||
Episodio dos cinco días por Baldassare Verazzi (1819-1886) | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Imperio austríaco | Insurxentes italianos | ||||||
Líderes | |||||||
Joseph Radetzky | Gabrio Casati Carlo Cattaneo | ||||||
Forzas en combate | |||||||
14.000[1] | 14.000 hombres (incluíndo 2.500 italianos vinculados aos insurxentes)[2] | ||||||
Baixas | |||||||
181 mortos, 235 feridos e entre 150 e 180 prisioneiros[3] | entre 335 e 424 mortos, máis de 600 feridos e 43 mulleres e nenos asasinados[4] |
Os cinco días de Milán é o nome polo que se coñece unha revolta protagonizada polo pobo da capital lombarda, entón parte do Reino lombardo-véneto, contra a ocupación do Imperio Austríaco entre o 18 e o 22 de marzo de 1848. Os austríacos definían os acontecementos como unha guerra civil, mentres que os milaneses falaban dun movemento de liberación en contra dunha ocupación estranxeira. A revolta finalizou coa vitoria dos insurxentes e a liberación de Milán.
Despois de cinco días de combates, a poboación da cidade comezou a perseguir as autoridades e as tropas autríacas. O concello instaurou un goberno moderado provisional que estaba en conflito cos opoñentes milaneses, principalmente republicanos e federalistas. Por este motivo, o concello chamou ao rei veciño Carlos Alberte de Sardeña, quen viu a ocasión de ampliar o seu reino. Carlos Alberte declarou a guerra ao Imperio Austríaco e anexionou a Lombardía. Porén, posteriormente viuse na obriga de abdicar despois de varios reveses militares.
A insurxencia provocou emocións fortes e atraeu cara a si varios revolucionarios como Giuseppe Mazzini e Giuseppe Garibaldi, que daquela estaban no exilio. Isto xerou temor entre os monárquicos.
Os cinco días de Milán constitúen, dentro da historiografía do Risorgimento, un dos episodios máis importantes da unificación italiana, xa que foi a única iniciativa popular de envergadura que tivo éxito, e deu comezo aos acontecementos que conduciron á constitución do Reino de Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ambrosini, Filippo (2004). Carlo Alberto Re. Turín: Edizioni del Capricorno. p. 416. ISBN 88-7707-030-7.
- ↑ Montanelli, Indro e Cervi, Mario (1981). Due secoli di guerre. Milán: Editoriale Nuova.
- ↑ Meyer-Ott, Wilhelm e Rüstow, Wilhelm (1850). Die Kriegerischen Ereignisse in Italien in den Jahren 1848 und 1849. Zürich.
- ↑ Banti, Alberto Mario (2011). Bari, Laterza, ed. Il Risorgimento italiano. p. 236. ISBN 978-88-420-8574-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cinco días de Milán |