Cidreira caiota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cucurbita ficifolia

Froito e follas.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Cucurbitales
Familia: Cucurbitáceas
Subfamilia: Cucurbitoideae
Tribo: Cucurbiteae
Xénero: Cucurbita
Especie: C. ficifolia
Nome binomial
Cucurbita ficifolia
Bouché, 1837
Sinonimia

A cidreira caiota é unha planta da familia das cucurbitáceas,[1][2] que dá a cidra caiota, un froito cunha polpa utilizada na alimentación especialmente para facer doces.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Esta melón é de cor verde con manchas brancas no exterior e no interior contén unha polpa branca e moi fibrosa, empregada para facer doces e sobremesas.[1] As sementes son negras e o froito, cando está maduro, ten unha pel bastante dura, [1] podendo chegar a pesar de 1 a 4 kg.

Pode ser confundida facilmente con algunhas variedades de sandía, que tamén se usan para facer doces.

Orixe[editar | editar a fonte]

A orixe evolutiva desta especie encóntrase en América Central ou do Sur, cos rexistros arqueolóxicos máis antigos rexistrados no Perú, datados entre o 3000 e o 4000 a.C.[1]

Usos[editar | editar a fonte]

En Portugal e o Brasil, especialmente no sur, a súa polpa cocida utilízase para facer o doce de gila ou chila.[1] Este doce está en fíos brancos e emprégase en infinidade de receitas tradicionais.

No Brasil, non é unha planta moi convencional, cultivada a pequena escala polos agricultores familiares, principalmente nos estados de Rio Grande do Sul e Santa Catarina [1] .

O froito inmaturo, aínda que moi pouco usado, tamén se pode usar na alimentación, e a planta tamén ten propiedades medicinais.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Abóbora-Gila (Cucurbita ficifolia), uma Hortaliça Pouco Convencional Cultivada no Rio Grande doSul" (PDF). Embrapa Clima Temperado. Pelotas, RS. 2010. 2010. Consultado o 10/09/2018. 
  2. "M.M.P.N.D. - Sorting Cucurbita names". www.plantnames.unimelb.edu.au. Consultado o 2023-04-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • CPACT - Embrapa [1]