Ciclón Klaus (2009)
Klaus | ||
---|---|---|
Klaus ás 03:28 do 24 de xaneiro sobre o Golfo de Biscaia | ||
Datos | ||
Vento máximo: | 216 km/h | |
Presión mínima: | 964 hPa (estimada) | |
Efectos | ||
Mortes: | 26[1] | |
Danos materiais: |
A borrasca Klaus foi un ciclón de latitude media que afectou os días 23, 24 e 25 de xaneiro de 2009 a costa occidental de Europa e especialmente o norte da Península Ibérica.
Formación e percorrido
[editar | editar a fonte]O Klaus orixinouse por cicloxénese explosiva, ao bateren unha masa de aire quente tropical con outra moi fría no Atlántico na tarde do 22 de xaneiro. Xerouse así unha borrasca profunda con ventos moi intensos que cruzou o norte da Península ao longo da madrugada do sábado 24 de xaneiro. Ocasionou varios mortos e importantes danos materiais. O centro da depresión desprazouse de oeste a leste dende os Azores, até o golfo de Xénova, atravesando polo mar Cantábrico. Xerou fortes ventos de máis de 150 km/h, que puntualmente chegaron ata os 198 km/h en Estaca de Bares[2].
Nome
[editar | editar a fonte]O Instituto de Meteoroloxía alemán deulle este nome na honra de Klaus Schümann[3], e non ten que ver con distintos nomes de ciclón Klaus que se deron a furacáns tropicais antes de 1990.
Danos
[editar | editar a fonte]A treboada afectou grandemente a zona setentrional de España e o sur de Francia e causou diversos mortos. En Galicia afectou 72 concellos[4], faleceron cinco persoas: en Burela morreu un garda civil que estaba dirixindo o tráfico ao caerlle unha árbore enriba;[5] un mariñeiro portugués foi rescatado dun barco que afundiu nas costas coruñesas e faleceu posteriormente no hospital[6]; un ancián pereceu no incendio da súa casa, provocado por un curtocircuíto[7]; e un matrimonio de anciáns faleceu en Cervo por inhalación de monóxido de carbono, como consecuencia de usaren un braseiro vello para quecer logo de estaren máis de dous días sen enerxía eléctrica[8].
No resto de Europa producíronse 21 mortes máis.
Refachos máximas de vento | ||
---|---|---|
Racha | Localización | |
216 km/h | Coll d'Envalira | |
200 km/h | Portbou | |
198 km/h | Cerezo de Arriba | |
198 km/h | Estaca de Bares | |
193 km/h | Formigueres | |
193 km/h | Matxitxako | |
184 km/h | Perpiñán | |
183 km/h | Malpica | |
183 km/h | Ocón | |
182 km/h | Ancares | |
182 km/2 | Xares | |
178 km/h | Santa María de Oia | |
177 km/h | Saint-Paul-de-Fenouillet | |
172 km/h | Biscarrosse | |
172 km/h | Cabo Ferret | |
Fontes: AEMET Meteo France Arquivado 08 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Meteo Galicia MeteoCat Arquivado 20 de novembro de 2023 en Wayback Machine. Meteoroloxía do Goberno da Rioxa |
Imaxes da tormenta
[editar | editar a fonte]-
Árbores arrancadas cerca da Coruña
-
Estradas danadas en Euscadi
-
Danos en Cataluña
-
Tráfico perturbado en Cataluña
-
O temporal en Euscadi
-
Daños en Xironda
-
Cables eléctricos rotos no suroeste de Francia
-
Árbores arrincadas pola tormenta en Francia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fresh warnings after storm kills 26 in southern Europe" (en inglés). AFP. 26 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2009. Consultado o 28-1-2009.
- ↑ Medicións de Meteogalicia[Ligazón morta], Xunta de Galicia, 26/1/2009
- ↑ Relación de sistemas de baixas presións Arquivado 23 de maio de 2011 en Wayback Machine. Instituto de Meteoroloxía. Universidade de Berlín
- ↑ El Consorcio de Seguros estima que Galicia recibirá 32 millones de euros por los daños del Klaus, Faro de Vigo, 10/2/2009
- ↑ "Un guardia civil muere en Burela por causa del temporal". El Progreso de Lugo (en castelán). 2009-01-24. Consultado o 2022-06-15.
- ↑ El mar se cobra otra vida Arquivado 08 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 25/1/09
- ↑ Doce mortos por mor do temporal Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine., Galicia Hoxe
- ↑ Los gases de estufas provocan dos muertos y trece intoxicados en Galicia[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 27/1/2009
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ciclón Klaus |