Saltar ao contido

Christian d'Oriola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristian d'Oriola

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Christian Marie Auguste d'Oriola Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Perpiñán (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte29 de outubro de 2007 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Nîmes (Francia) Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960Xogos Olímpicos de 1960
1956Fencing at the 1956 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1952fencing at the 1952 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1948fencing at the 1948 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKate Delbarre-d'Oriola Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympic.org: christian-d-oriola WikiTree: D'Oriola-1 Editar o valor en Wikidata

Christian d'Oriola, nado en Perpiñán o 3 de outubro de 1928 e finado en Nimes o 30 de outubro de 2007, foi un tirador de esgrima francés, gañador de seis medallas olímpicas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procedente dunha familia da nobreza rosellonesa de tradición viñateira, comezou de neno a adestrar con seu pai, asistindo ás primeiras competicións oficiais con 13 anos e os 18 anos xa é vicecampión de Francia tras perder na final con Jéhan de Buhan e en 1947 é campión do mundo de florete. Con 19 anos participou nos Xogos Olímpicos de 1948 celebrados en Londres, gañando a medalla de prata na proba individual de florete e a medalla de ouro na proba por equipos desta modalitade. En 1949 é de novo campión do mundo aínda que nos dúas anos seguinte debido a unha uremia non entra nos podios, volvendo de novo á alta competición no Campionato do Mundo de 1951, onde consegue dous títulos mundiais, en florete individual e por equipos. Nos Xogos Olímpicos de 1952 de Helsinqui logrou a medalla de ouro nesas dúas mesmas probas. Nos Xogos Olímpicos de 1956 de Melbourne novamente gañou a medalla de ouro na proba individual, e a medalla de prata por equipos. Na súa última participación olímpica, nos Xogos Olímpicos de 1960 de Roma foi o abandeirado da delegación francesa rematou quinto na proba por equipos de florete, oitavo na de florete individual e noveno na de equipos de espada. Aínda en 1970 foi campión de Francia en florete por equipos e tras retirarse foi árbitro internacional durante dez anos, entre 1970 e 1980. No ano 1971 obtivo a Lexión de Honra. Foi vicepresidente da Federación Francesa de Esgrima (1980-1984) e membro da Académie des sports

Ao longo da súa carreira gañou doce medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, oito delas de ouro; e dúas medallas nos Xogos do Mediterráneo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]