Christian Levrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Christian Levrat
Christian Levrat am 30. April 2008 in St. Gallen.jpg
Nacemento7 de xullo de 1970
 La Tour-de-Trême
NacionalidadeSuíza
Alma máterUniversidade de Friburgo
Ocupaciónpolítico e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Christian Levrat, nado o 7 de xullo de 1970 en La Tour-de-Trême, é un sindicalista e político suízo, presidente do Partido Socialista Suízo desde o 1 de marzo de 2008.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de Friburgo, realizou o mestrado en ciencias políticas na Universidade de Leicester. Traballou na defensa do dereito de asilo en Cáritas de Suíza (1995-2000) e como xefe do servizo xurídico da Organización Suíza de Axuda aos Refuxiados.

Foi secretario central e presidente do Sindicato da Comunicación, e tamén vicepresidente da Unión Sindical Suíza (2003 - 2008). Entre 2000 et 2004 foi membro da Asemblea Constituínte de Friburgo. En 2003 entrou no Consello Nacional e reelixido en 2007. Tras a marcha de Hans-Jürg Fehr foi o único candidato a presidencia do Partido Socialista Suízo, resultando elixido nun congreso extraordinario celebrado en Basilea.

O 11 de marzo de 2012 nunhas eleccións parciais entrou no Consello dos Estados, substituíndo a Alain Berset[1], logrando o 54,2 % dos votos.

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Changer d'ère, Lausanne, éd. Favre, 2007 (en colaboración con Alain Berset)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. « Un Gruérien au Conseil des Etats », sur lagruyere.ch,‎ .

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]