Chopiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chopiño

Espécime conservado en formaldehido.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Sepiolida
Familia: Sepiolidae
Subfamilia: Sepiolinae
Xénero: Sepiola
Especie: S. rondeletii
Nome binomial
Sepiola rondeletii
Leach, 1834

O chopiño[1] (Sepiola rondeletii) é unha especie de chopo nativo do nordeste do océano Atlántico e o mar Mediterráneo, incluíndo o estreito de Sicilia, o mar Exeo, o mar Adriático, o mar de Mármara e o mar Levantino. No nordeste atlántico, o seu hábitat natural esténdese desde o mar do Norte até o Senegal.[2]

As femias medran uns 60 mm co manto de lonxitude (máis normalmente de 40 a 50 mm), mentres que os machos non exceden que se coñeza os 25 mm co manto.[2]

O espécime tipo recolleuse no mar Mediterráneo e depositouse no Muséum National d'Histoire Naturelle de París, mais xa non existe.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 76. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 24 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Reid, A. & P. Jereb 2005. Family Sepiolidae. In: P. Jereb & C.F.E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 1. Chambered nautiluses and sepioids (Nautilidae, Sepiidae, Sepiolidae, Sepiadariidae, Idiosepiidae and Spirulidae). FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. No. 4, Vol. 1. Rome, FAO. pp. 153–203.
  3. Current Classification of Recent Cephalopoda

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]