Chlamydomonas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Para a especie principal do xénero ver Chlamydomonas reinhardtii.
Chlamydomonas
Micrografía electrónica de varrido dunha célula de Chlamydomonas (10000×)
Micrografía electrónica de varrido dunha célula de Chlamydomonas (10000×)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Chlorophyta
Clase: Chlorophyceae
Orde: Chlamydomonadales
Familia: Chlamydomonadaceae
Xénero: Chlamydomonas
Ehrenb.
Especies

Ver texto

Chlamydomonas é un xénero de algas verdes formado por especies unicelulares flaxeladas, que viven en augas doces encoradas ou non, no solo húmido, e unhas poucas especies son de augas mariñas, e mesmo algunha vive na neve ("algas da neve"). Entre elas está a especie Chlamydomonas reinhardtii, que é a especie tipo do xénero, e utilízase como organismo modelo en bioloxía, en estudos de bioloxía molecular, e especialmente estudos da motilidade flaxelar e dinámica dos cloroplastos, bioxénese e xenética. Unha das características de Chlamydomonas é que contén uns canais iónicos, (canalrodopsinas), que son activados directamente pola luz. Algúns sistemas reguladores (por xemplo FLU) de Chlamydomonas son máis complexos que os seus homólogos de Ximnospermas, e presentan proteínas regulatorias que son máis grandes e conteñen dominios adicionais ca as doutras relacionadas evolutivamente.[1]

Debuxos de Chlamydomonas caudata Wille.[2]
Sección dunha célula de Chlamydomonas reinhardtii.
Micrografía electrónica de Chlamydomonas sen flaxelos.

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero distínguense unhas 250 especies, e os datos xenéticos indican que probablemente o xénero é polifilético e deberá ser subdividido en varios xéneros. Nese caso só as especies do grupo de Ch. reinhardtii quedarán no xénero Chlamydomonas.[3] Salientaremos as seguintes especies:

Atópanse en xeral en hábitats ricos en sales de amonio. Posúen manchas oculares vermellas fotosensibles. Reprodúcense ao longo do seu ciclo de vida de forma asexual e sexual. A reprodución asexual pasa polos estadios de zoóspora, palmela, aplanospora e hipnospora. A reprodución sexual pode ser, segundo as especies, isógama, anisógama ou oógama.[3]

Nutrición[editar | editar a fonte]

A maioría ds especies son fotótrofos obrigadas, pero as especies C. reinhardtii e C. dysosmos poden vivir facultativamente como heterótrofas e poden crecer na escuridade en presenza de acetato como fonte de carbono.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas das Chlamydomonas son[3]:

  • Son algas unicelulares móbiles.
  • Xeralmente de forma oval.
  • A parede celular está feita de glicoproteínas e non do polisacárido celulosa.
  • Teñen dous flaxelos inseridos na parte anterior. Os flaxelos orixínanse a partir dun gránulo basal localizado na rexión anterior do citoplasma.
  • Presentan vacúolos contráctiles preto das bases dos flaxelos en número variable segundo as especies.
  • Teñen un prominente cloroplasto xeralmente con forma de copa ou cunca, pero a forma varía nalgunhas especies (forma de banda, bipolar, forma de H etc.). O cloroplasto contén bandas compostas dun número variable de tilacoides fotosintéticos que non están organizados formando grana.
  • O núcleo é central e xeralmente está rodeado polo cloroplasto con forma de copa.
  • O cloroplasto ten xeralmente un grande pirenoide na súa parte posterior onde se forma amidón (vaíña de amidón) a partir dos produtos fotosintéticos. O número de pirenoides depende da especie.
  • A mancha ocular está situada na parte anterior do cloroplasto. Consta de dúas ou tres ringleiras máis ou menos paralelas de gotas de graxa aliñadas linearmente.
  • Despois da división as células fillas producen autolisinas para romper a parede celular esporanxial e liberarse. O tipo de autolisina é útil en sistemática.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Falciatore, L Merendino, F Barneche, M Ceol, R Meskauskiene, K Apel, JD Rochaix (2005). The FLP proteins act as regulators of chlorophyll synthesis in response to light and plastid signals in Chlamydomonas. The red eye spot in chlamydomonas is sensitive to light and hence determines movement. Genes & Dev, 19:176-187 [1]
  2. Hazen, Tracy E. 1922. The phylogeny of the genus Brachiomonas. Bulletin of the Torrey Botanical Club. 49(4):75-92, with two plates.
  3. 3,0 3,1 3,2 Algaebase Chlamydomonas
  4. Aoyama, H., Kuroiwa, T and Nakamura,S. 2009. The dynamic behaviour of mitochrandia in living zygotes during maturation and meiosis in Chlamydomonas reinhardtii. Eur. J. Phycol. 44: 497 - 507

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]