No concello de Chimichagua salienta a economía informal coa pesca artesá como principal actividade económica, principalmente na cabeceira municipal e nos correxementos de Candelaria, Saloa, Sampegua, La Mata e algunhas vereas. A agricultura e a gandería constitúen o segundo factor de ingresos.
Chimichagua era o nome do caciquechimila que habitaba a área durante a conquista dos españois. Chimichagua ou Chiminigagua é o nome da deidade suprema dos muiscas. Os muiscas e os chimilas son dous pobos que pertencen á mesma familia lingüística, a das linguas chibchas.[1]