Fran Allo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFran Allo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Francisco Javier Allo Suárez, máis coñecido como Fran Allo, nado en Santiago de Compostela o 6 de xuño de 1988, é un cantante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina musical aos 14 anos participando nos Premios Veo Veo de Teresa Rabal, certame no que recibiu a Mención Especial á Mellor Voz. Ese mesmo ano inicia os estudos de canto e técnica vocal con Guadi Galego e Ramón Bermejo. Continúa participando en diversos concursos, obtén o segundo premio no programa Menudos Cantantes e forma parte na preselección de Eurojunior de TVE.

A súa actividade radiofónica comeza en Radio Obradoiro, emisora na que realiza durante tres anos un magazine propio titulado Casi que sí. Durante os anos seguintes participa nos programas de televisión Tienes talento, Rumbo a la Fama, Son de Estrelas e realiza audicións con Juan Carlos Calderón.

Obra discográfica[editar | editar a fonte]

  • El sueño que persigo (2013), producido e composto integramente por Chema Purón. Este primeiro álbum consta de 11 temas inéditos entre os que destaca Alma galega interpretada na lingua nativa de Fran, o galego, e outra versión en castelán para o mercado de fala hispana.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]