Cheikh Fayé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCheikh Fayé

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Gade Escale, Senegal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSenegal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Cheikh Fayé, nado no ano 1962 na comunidade rural de Gade Escale, departamento de Diourbel,[1] é un mestre e escritor senegalés radicado en Galiza.[2] O 11 de xullo de 2017 presentou o seu primeiro ensaio titulado Ser Modou Moudou e editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.[3] Converteuse, así, no primeiro escritor senegalés que escribe e publica en lingua galega.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como profesor de Xeografía e Historia de Francia no ensino secundario en Dakar.[5] En 2003 emigrou do Senegal e asentouse na cidade da Coruña. Fayé presentouse ás eleccións municipais de 2015 na lista do BNG na Coruña. Porén, a súa candidatura foi anulada por non ter a nacionalidade española.[6]

É autor do blog Senegaliza e dende 2016 tamén colabora con artigos de opinión no xornal Sermos Galiza.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sermos Galiza, ed. (11 de maio de 2019). "Son coruñés e o que é bo e o que é malo para este concello tamén é bo e malo para min". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  2. "Eu creo na cultura como ferramenta para terminar coas tensións no mundo". Sermos Galiza. 6 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  3. entrenosdigital.com (ed.). "A vida dun senegalego na Coruña e outras reflexións desde a negritude". Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  4. Álvarez, Miguel (11 de xullo de 2017). "Cheikh Fayé: "Como inmigrante, se non tes papeis, tes medo"". El Progreso. Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  5. ""Ser Modou Modou", la experiencia de un senegalés". La Región. 33 de setembro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  6. Pardo, Miguel (19 de xullo de 2017). "Cheikh, o senegalés que escribe en galego: "Para chegar a algo aquí hai que suar moito"". Praza. Consultado o 28 de setembro de 2017. 
  7. Sermos Galiza (ed.). "Opinións de Cheikh Fayé". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]