Chavaga, Monforte de Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Chavaga")

Coordenadas: 42°32′12″N 7°25′55″O / 42.53666, -7.43203

Chavaga
Chavaga Monforte de Lemos, Lugo.svg
Concello Monforte de Lemos
Poboación 58 hab. (2009)
Entidades de poboación 8

San Xoán de Chavaga é unha parroquia de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 58 (32 homes e 26 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita coas parroquias de Cereixa, Pinel do concello da Pobra do Brollón e Bascós.

Historia[editar | editar a fonte]

O 20 de abril de 1949 no lugar do Piricallo milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutierrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.

En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Xoán de Chavaga é do século XVIII.

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festas de Pascua, en Semana Santa.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Chavaga[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Chavaga no concello de Monforte de Lemos (Lugo)

O Alto de Chavaga | Barxa | Meixide | Montecelo | Outeiro | Pacios | O Piricallo | Ríos

Parroquias de Monforte de Lemos[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Monforte de Lemos

Baamorto (Santa María) | Bascós (San Martiño) | Caneda (Santalla) | O Chao do Fabeiro (San Ramón) | Chavaga (San Xoán) | Distriz (Santo André) | Fiolleda (San Cosmede) | Gullade (Santo Acisclo) | Guntín (Santa Lucía) | Marcelle (San Miguel) | Monforte de Lemos | Moreda (San Salvador) | As Nocedas (Santo Estevo) | A Parte (Santa María) | A Penela (Santa María) | Piñeira (San Martiño) | Reigada (San Salvador) | Ribas Altas (San Pedro) | Rozavales (Santa María) | San Xillao de Tor (San Xillao) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Seoane (San Salvador) | Sindrán (San Pedro) | Tor (San Xoán) | Valverde (San Pedro) | A Vide (San Cibrao) | Vilamarín (San Fiz)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]