O Piricallo, Chavaga, Monforte de Lemos
O Piricallo | |
---|---|
Parroquia | Chavaga |
Concello | Monforte de Lemos |
Coordenadas | 42°31′56″N 7°25′24″O / 42.532214560669, -7.4232267285743 |
Poboación | 0 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Piricallo[1] é un lugar da parroquia de Chavaga, no concello de Monforte de Lemos. En 2013 estaba despoboado.
Historia
[editar | editar a fonte]Neste lugar o 20 de abril de 1949 milicianos do destacamento Santiago Carrillo (grupo de "Rocesvinto"), pertencente á II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia que tiñan alí o seu refuxio, foron sorprendidos por un destacamento de 60 gardas civís de Lugo e Ponferrada, orixinándose un combate que tivo como resultado a morte de catro guerrilleiros: Evaristo González Pérez "Rocesvinto", Guillermo Morán García "Asturiano", Gregorio Colmenero Fernández "Porreto" de Torbeo e Julián Acebo Alberca "Guardiña". Outro guerrilleiro do grupo, Fermín Gutiérrez Lada "Segura", conseguiu fuxir.
En 2006 púxose unha placa recordando os feitos que foi roubada ás poucas horas de ser descuberta. A placa foi recolocada o 18 de abril de 2009.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Chavaga
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Chavaga no concello de Monforte de Lemos (Lugo) | |
---|---|
O Alto de Chavaga | Barxa | Cabo | O Cotelo | Meixide | Montecelo | Outeiro | Pacios | O Piricallo | Ríos |
Parroquias de Monforte de Lemos
[editar | editar a fonte]Notas
- ↑ Citado como Montecelo ou Piricallo, O no Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo, páxina 990