Saltar ao contido

Chasmanthe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chasmanthe

Chasmanthe floribunda
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Orde: Asparagales
Familia: Iridaceae
Subfamilia: Crocoideae
Tribo: Ixieae
Xénero: ''Chasmanthe''
N.E.Br.
Especies

Ver texto.

Chasmanthe[1] é un pequeno xénero de plantas perennes e bulbosas da familia Iridaceae, nativas da Provincia do Cabo en Suráfrica. Comprende 26 especies descritas e destas, só 3 aceptadas.[2]

En Galicia está catalogado como especie exótica invasora.[3]

Chasmanthe floribunda, aspecto xeral.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase de herbas perennes de até 140 cm de altura, con follaxe decidua, que crecen a partir de cormos. As follas son ensiformes, dísticas, alternas, paralelinervadas e de marxe enteira. Presentan coloridas inflorescencias en espigas dísticas. As flores son hermafroditas, cigomorfas, sésiles e dispóñense na inflorescencia protexidas por dúas curtas espatas. O perigonio é cilíndrico, curvado, co tépalo superior estendido seguindo a curvatura do tubo perigonial, os 5 restantes moito máis breves e estendidos. Presenta 3 estames dispostos ao longo do tépalo superior. O ovario é ínfero e o estilo é tripartito. As flores son de cores brillantes, desde o amarelo, alaranxado até o vermello escarlata. Cultívallas en varias partes do mundo como ornamentais. O froito é unha cápsula dehiscente. Florecen no verán.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Nicholas Edward Brown e publicado en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 272–274. 1932.[4]

Etimoloxía

Chasmanthe: nome xenérico que deriva do grego, chasme = "aberto, partido" e anthos = "flor", onde alude aos tépalos incisos ou partidos característicos destas especies.

Especies aceptadas

[editar | editar a fonte]

A seguir amósase unha listaxe das especies do xénero Chasmanthe aceptadas até marzo de 2015, ordenadas alfabeticamente.

Chasmanthe propágase facilmente por cormos e por sementes. Algunhas especies son moi invasoras e logran naturalizarse.

  1. "Chasmanthe". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 25 de marzo de 2010. [Ligazón morta]
  2. "Chasmanthe". The Plant List. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  3. Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras
  4. "Chasmanthe". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Peter Goldblatt, John Manning, Gary Dunlop & Auriol Batten. Crocosmia and Chasmanthe.Royal Horticultural Society Plant Collector Guide, 236p.
  • Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Arxentina de Agricultura e Xardinaría. Tomo I. Descrición de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]