Charlie e a fábrica de chocolate (filme)
Charlie and the Chocolate Factory | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Charlie and the Chocolate Factory |
Director | Tim Burton |
Produtor | Brad Grey Richard D. Zanuck |
Guión | John August |
Baseado en | Charlie e a fábrica de chocolate de Roald Dahl |
Intérpretes | Johnny Depp Freddie Highmore David Kelly Helena Bonham Carter Noah Taylor Adam Godley James Fox Deep Roy Christopher Lee |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Philippe Rousselot |
Montaxe | Chris Lebenzon |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 2005 |
Duración | 115 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Fantasía, comedia |
Orzamento | $150 000 000[1] |
Recadación | $475 000 000 |
Charlie and the Chocolate Factory é unha película dirixida por Tim Burton no ano 2005, baseada no libro homónimo de Roald Dahl. Está protagonizada por Johnny Depp, que interpreta a Willy Wonka, e Freddie Highmore, que interpreta a Charlie.
Foi rodada en Yorkshire, Inglaterra, e é a segunda adaptación da novela, tras Willy Wonka e a fábrica de chocolate, dirixida en 1971 por Mel Stuart.
O guión foi escrito por John August, que xa traballara como guionista con Tim Burton no 2003 en Big Fish. August dixo que non vira a adaptación de 1971 antes de escribir o guión, e que lle preguntou a Tim Burton se debía mirala. Burton díxolle que non, polo que a nova adaptación non ten influencias da primeira.[2].
Johnny Depp xa traballara en varias películas de Tim Burton, e seica foi el quen recomendou a Freddie Highmore para interpretar a Charlie tras miralo en Finding Neverland.
Marilyn Manson tiña apalabrado[Cómpre referencia] con Tim Burton o papel de Willy Wonka desde había tempo, e mesmo a comezos dos 90 un dos seus videoclips era sobre a súa interpretación particular do libro. Ó final a súa participación non tivo lugar por presións da compañía distribuidora.
Johnny Depp afirmou que para o papel de Willy Wonka se inspirou en Howard Hughes no seu momento de reclusión, e nos glamurosos rock-stars dos anos 70.
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Johnny Depp como Willy Wonka
- Freddie Highmore como Charlie Bucket
- David Kelly como Avó Joe
- Geoffrey Holder como Narrador
- Helena Bonham Carter como Mrs. Bucket
- Noah Taylor como Mr. Bucket
- Adam Godley como Mr. Teavee
- James Fox como Mr. Salt
- Deep Roy como os Oompa-Loompa
- Christopher Lee como Dr. Wilbur Wonka
- Missi Pyle como Mrs. Beauregarde
- Franziska Troegner como Mrs. Gloop
- Jordan Fry como Mike Teavee
- Julia Winter como Veruca Salt
- AnnaSophia Robb como Violet Beauregarde
- Philip Wiegratz como Augustus Gloop
- Blair Dunlop como Willy Wonka de neno
- Eileen Essell como Avoa Josephine
- David Morris como Avó George
- Liz Smith como Avoa Georgina
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Chris Nashawaty (2005-07-08). "Cover Story: The Truth About 'Charlie'". Entertainment Weekly. Consultado o 2009-06-11.
- ↑ John August afirma na súa páxina persoal que non vira a película de 1971 Arquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Filmes de 2005
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Tim Burton
- Filmes baseados en obras de Roald Dahl
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de Village Roadshow Pictures
- Filmes de Pinewood Studios
- Filmes de Plan B Entertainment
- Filmes sobre nenos
- Estreas en versión galega