Saltar ao contido

Yves Leterme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYves Leterme

(2009) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(nl) Yves Camille Désiré Leterme Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Wervik, Bélxica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidência do Conselho Europeu (pt) Traducir
1 de xullo de 2010 – 31 de decembro de 2010
48º Primeiro ministro de Bélxica
25 de novembro de 2009 – 6 de decembro de 2011
← Herman Van RompuyElio Di Rupo →
Minister of Foreign Affairs in Belgium (en) Traducir
17 de xullo de 2009 – 25 de novembro de 2009
← Karel De GuchtSteven Vanackere →
48º Primeiro ministro de Bélxica
20 de marzo de 2008 – 30 de decembro de 2008
← Guy VerhofstadtHerman Van Rompuy →
Senador da Bélgica (pt) Traducir
2008 – 2009
Minister of Mobility (en) Traducir
21 de decembro de 2007 – 20 de marzo de 2008
← Renaat Landuyt (pt) TraducirEtienne Schouppe (pt) Traducir →
Gabinete ministerial: Verhofstadt III Government (en) Traducir
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Bélxica

23 de novembro de 2007 – 14 de abril de 2008
Senador da Bélgica (pt) Traducir
10 de xuño de 2007 – 21 de decembro de 2007
Minister-President of Flanders (en) Traducir
20 de xullo de 2004 – 28 de xuño de 2007
← Bart SomersKris Peeters →
Flemish minister of Agriculture (en) Traducir
20 de xullo de 2004 – 27 de xuño de 2007
← Jef TavernierKris Peeters →
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
1997 – 2004
Member of the Flemish Parliament (en) Traducir
Membro da Cámara de Representantes de Bélxica
decembro de 2011
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Católica de Lovaina (KU Leuven) (pt) Traducir
Universidade de Gante Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , diplomático Editar o valor em Wikidata
Partido políticoDemocratas-Cristãos e Flamengos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
World Government Summit 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webyvesleterme.be Editar o valor em Wikidata

Yves Leterme Camille Désiré (*Wervik Flandres, Bélxica, 6 de outubro de 1960) fillo de pai valón e nai flamenga) é un político belga, membro do partido Democristián Flamengo e antigo Primeiro Ministro de Bélxica. Desempeñou os cargos de Viceprimeiro Ministro e Ministro de Orzamento, Reformas Institucionais e Transporte no goberno federal de Bélxica. El é tamén exministro-presidente de Flandres e Ministro flamengo de Agricultura e Pesca.

Yves Leterme foi unha das opcións para converterse no Primeiro Ministro de Bélxica logo da Elección Xeral de 2007. El presentou a súa dimisión como Ministro-Presidente de Flandres o 26 de xuño de 2007. O 16 de xullo do 2007, Leterme foi nomeado para iniciar conversacións formais na formación dun novo goberno de coalición. Tras nove meses de estancamento político, o 20 de marzo de 2008 Leterme foi designado como Primeiro Ministro de Bélxica. O 14 de xullo de 2008, cando aínda non se cumpriran catro meses do seu goberno, presentoulle a dimisión ao rei Alberte II de Bélxica[1].

Biografía[editar | editar a fonte]

Yves Leterme é completamente bilingüe grazas ao seu pai francófono e a súa nai neerlandófona, comezou a súa carreira en 1987 como auditor da Corte de Contas de Bélxica.

Como democristián, comezou a súa carreira política na súa provincia natal de Flandres Occidental, antes de ser elixido no Parlamento federal en 1999, cando conseguiu un escano na oposición. Nas eleccións do ano 2003 Yves Leterme tomou a dirección. No ano 2004, trala vitoria nas eleccións rexionais, fíxose co título de ministro-presidente e ministro de Agricultura e Pesca da Rexión flamenga, nunha coalición cos socialistas, liberais e a alianza Nieuw-Vlaamse (o partido independentista).

En xuño do 2007, conseguiu gañar as eleccións lexislativas federais. Como personaxe emblemático en Flandres, suscitou durante a campaña a polémica por varias intervencións sobre discriminación e racismo que foron moi criticadas na Bélxica francófona.

Eleccións[editar | editar a fonte]

Con Yves Leterme á cabeza o seu partido, o CD&V, aliado do partido independentista flamengo N-VA, gañou con facilidade as eleccións, obtendo 30 cadeiras das 150 na cámara e 9 (+5 de comunidade) das 71 do Senado. Yves Leterme, candidato ao Senado, obtivo 796.521 votos de preferencia[2].

O 15 de xullo de 2007, o Rei Alberte II encargou a Yves Leterme formar un goberno, pero por conflitos de intereses no país non o conseguiu polo que o 23 de agosto de 2007, pediulle ao Rei ser declarado incompetente para formar o novo goberno belga, aceptando este a dimisión.

O 29 de setembro de 2007, trala misión de Herman Van Rompuy como explorador e a entrega do seu informe o Rei, Yves Leterme repetiu a misión de formador, secundado primeiramente por Herman Van Rompuy quen se encargara de explorar as pistas de solución institucional, primeiro obstáculo á primeira dimisión do formador.

O 1 de decembro de 2007, Yves Leterme presentoulle novamente a súa dimisión ao Rei da súa función de formador en resposta ao bloqueo das negociacións. O 21 de decembro, foi nomeado Viceprimeiro ministro e ministro de Orzamento, de Mobilidade e de Reformas institucionais (comparte este último expediente co francófono Didier Reynders) no seo do goberno Guy Verhofstadt, formado de xeito pasaxeiro ata que un acordo de goberno entre os diferentes partidos belgas, particularmente entre os francófonos e neerlandófonos.

O 20 de marzo de 2008, como era previsto, xurou o seu posto como 47º Primeiro ministro belga formando un goberno baseado nunha coalición pentapartita (5 partidos) alcumada coalición armenia por ter as cores da bandeira armenia: laranxa (democristián-humanistas do CD&V neerlandófono e do CDH francófono), azul (liberais VLD neerlandófono e do MR francófono) e vermello (socialistas do PS francófono).

Predecesor:
Guy Verhofstadt
Primeiro ministro de Bélxica
2008-actualidade
Sucesor:
En funcións

Notas[editar | editar a fonte]