Saltar ao contido

Champaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copas de champaña coas características burbullas asociadas a este viño escumoso.

O champaña[1] (do francés champagne) é un tipo de viño escumoso con denominación de orixe controlada, elaborado conforme ao método champenoise na rexión francesa de Champaña-Ardenas. Trátase xeralmente dun viño branco, aínda que tamén existe o champaña rosado, que se fai a partir de varios tipos de uva, a meirande parte tintas.

Peculiaridades

[editar | editar a fonte]

O consumo do champaña asóciase ás celebracións, sendo moi habitual abrir unha botella durante a entrega de trofeos en competicións deportivas. A primeira competición automobilística na que se usou o champaña foi en 1907 na carreira Pequín-París.[2] Máis tarde Moët & Chandon ofreceu o seu champaña ao gañador do Gran Premio de Francia de 1950, disputado en Champaña-Ardenas. Dan Gurney iniciou a tradición de bañar o público e os demais pilotos ao festexar a súa vitoria nas 24 Horas de Le Mans de 1967, aínda que Graham Hill xa fixera o mesmo con viño escumoso no Gran Premio de Australia de 1966. Tamén é tradicional escachar unha botella de champaña contra o casco dun barco na súa botadura para demostrar a súa solidez. Na celebración do Aninovo é moi habitual tomar champaña.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para champaña.
  2. Scalextric, Campeones de Rally. Vol. I - El nacimiento de los rallies. Altaya. 2008. pp. 8–9. ISBN 978-84-487-2507-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Tom Stevenson (2003). World Encyclopedia of Champagne and Sparkling Wine. Wine Appreciation Guild. ISBN 1-891267-61-2.
  • Serena Sutcliffe (1988). Champagne: The History and Character of the World's Most Celebrated Wine. Mitchell Beazley. ISBN 0-671-66672-X.
  • Gérard Liger-Belair (2004). Uncorked: The Science of Champagne. Princeton University Press. ISBN 0-691-11919-8.
  • Kolleen Guy (2003). When Champagne became French: Wine and the Making of a National Identity. Baltimore, Maryland: Johns Hopkins University Press.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]