Cefoideos
Cedoideos Cephoidea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Hartigia linearis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||
|
A dos cefoideos (Cephoidea) é unha pequena superfamilia de insectos himenópteros pertencente á suborde dos sínfitos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Tanto a superfamilia como a familia foron descritas e 1835 polo entomólogo, botánico e escritor inglés Edward Newman.[2][3]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Os nomes científicos da superfamilia e da familia están formados ambos os dous sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cephus, coa adición dos sufixos -oidea e -ĭdae, propios son nomes da superfamilias e as familias de animais respectivamente.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A superfamilia na actualidade (2021) comprende unicamente unha familia con especies viventes, a dos céfidos (Cephidae),[1] pero coñécese tamén unha familia fósil, a dos sepúlcidos (Sepulcidae),[2] cada unha delas con algo máis de 25 xéneros.[4] [5]
Xéneros
[editar | editar a fonte]A familia dos céfidos conta con seguintes xéneros:[6]
- Australcephus Smith & Schmidt, 2009
- Caenocephus (Strobl, 1895)
- Calameuta Konow, 1896
- Cephalocephus Benson, 1946
- Cephus Latreille, 1803
- Characopygus Konow, 1899
- Cuspilongus Archibald & Rasnitsyn, 2015
- Electrocephus Konow, 1897
- Hartigia Schiødte, 1839
- Heterojanus Wei & Xiao, 2011
- Hissarocephus Gussakovskii, 1945
- Janus Stephens, 1829
- Jungicephus Maa, 1949
- Magnitarsijanus Wei, 2007
- Megajanus Wei, 1999
- Mesocephus Rasnitsyn, 1968
- Miscocephus Wei, 1999
- Neosyrista Benson, 1935
- Pachycephus J.P.E.F.Stein, 1876
- Phylloecus Newman, 1838
- Sinicephus Maa, 1949
- Stenocephus Shinohara, 1999
- Stigmatijanus Wei, 2007
- Sulawesius Smith & Shinohara, 2002
- Syrista Konow, 1896
- Trachelus Jurine, 1807
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]A maioría das especies encóntranse no hemisferio norte, especialmente en Eurasia.
Características
[editar | editar a fonte]Son excepcionalmente esveltos comparados con outros sínfitos, e a miúdo parécense a outros tipos de avespas. Son os únicos sínfitos que carecen do ovipositor recto, que posúen o resto das especies do grupo.
As larvas perforan os caules de varias plantas, especialmente de gramíneas, pero tamén doutras plantas herbáceas, arbustos e árbores. Unhas poucas especies son pragas de cereais (por exemplo Cephus cinctus, que ataca ao trigo).
Galería
[editar | editar a fonte]-
Calameuta filiformis
-
Calameuta haemorrhoidalis
-
Calameuta pallipes
-
Calameuta sp.
-
Cephus pygmaeus
-
Hartigia trimaculata
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cephoidea no ITIS. Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Superfamily Cephoidea Newman 1835 Arquivado 07 de xuño de 2021 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Family Cephidae Newman 1835 Arquivado 07 de xuño de 2021 en Wayback Machine. en Fossilworks.
- ↑ Kopylov, D. S.; Rasnitsyn, A. P. (2016). "Cephidae (Hymenoptera) of the Mesozoic". Euroasian Entomological Journal 15 (1): 78–83.
- ↑ Kopylov, D. S.; Rasnitsyn, A. P. (2014). "New Trematothoracinae (Hymenoptera: Sepulcidae) from the Lower Cretaceous of Transbaikalia". Proceedings of the Russian Entomological Society 85 (1): 199–206.
- ↑ Cephidae no GBIF.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cefoideos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cefoideos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A.(1976): An introduction to the study of insects. Cuarta edición. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Goulet, H.; Huber, J., eds. (1993). Hymenoptera of the world: an identification guide to families. Agriculture Canada Publication. 1894/E. Research Branch, Agriculture Canada.
- Krombein, Karl V.; Hurd, Paul D. Jr.; Smith, David R.; Burks, B. D., eds. (1979). Catalog of Hymenoptera in America North of Mexico 1. Smithsonian Institution Press.
- Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M.; Vilhelmsen, L. (2012). "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera" (PDF). Cladistics 28 (1): 80–112.