Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan
| Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Ejin Banner (en) | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Epónimo
| |||||
|
Composto por
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Operador/a
| |||||
|
Matriz
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |

O Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan foi o primeiro centro de lanzamento de foguetes da China, tanto civís como militares. Está situado na rexión de Jiuquan, na provincia de Gansu, no noroeste do país.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O primeiro lanzamento desde Jiuquan tivo lugar o 1 de setembro de 1960 e desde el lánzanse foguetes membros da familia de lanzadores Longa Marcha. O aeroporto de Jiuquan queda a 75 km ao sur do sitio de lanzamento e o centro conta cun ferrocarril adicado que vai ata a cidade. O centro conta con todas as instalacións necesarias para cada fase da preparación dun lanzamento, desde o centro técnico ao centro de control, pasando polo control de misión, o provisionamento de propelentes, sistemas de seguimento e comunicación e soporte loxístico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan |
