Centro de Exhibicións e Deportes de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 61°27′50″N 023°43′59″L / 61.46389, -23.73306

Entrada ao TESC.

O Centro de Exhibicións e Deportes de Tampere (en finés Tampereen Messu- ja Urheilukeskus, tamén coñecido polas súas siglas en inglés TESC) é un complexo multiproposito situado no barrio de Härmälä de cidade de Tampere (Finlandia), na área do antigo aeroporto de Härmälä e próximo ao límite municipal con Pirkkala. Foi inaugurado en 1985 e en 2022 conta con cinco espazos destinados a feiras, e usos deportivos principalmente para fútbol e atletismo, así comoo para reunións e concertos. O complexo é propiedade da cidade de Tampere, que posúe o 65% das accións, mentres que Tampereen Messut posúe o resto.

O Centro de Exhibicións e Deportes de Tampere fundouse no ano 2005. Os seus propietarios son a cidade de Tampere e Tampereen Messut Oy. O programa de feiras inclúe 20 eventos tanto para profesionais como para público xeral. O TESC recibe cada ano en torno a un millón de visitantes nos seus eventos.

O Centro de Exhibicións e Deportes de Tampere é tamén un centro de adestramento e competición de atletismo, fútbol, fútbol sala e floorball. O TESC ten, entre outras, unha pista de atletismo de seis carrís e 300 m e unha cancha de fútbol de tamaño completo. A bancada máis grande do complexo ten capacidade para 1 500 persoas.

Pavillóns[editar | editar a fonte]

O Pirkkahalli.
Entrada ao TähtiAreena.
  • O A-halli ou Pirkkahalli é un pavillón de adestramento para carreiras e saltos atletismo e fútbol finalizado en 1985. No centro da pista hai un área con céspede artificial rodeada por unha pista de seis carrís e 300 m de longitude. As bancadas do pavillón A teñen capacidade para 1 500 persoas.[1]
  • O B-halli é un pavillón de adestramento para ximnasia e lanzamentos de atletismo finalizado en 1927.[1]
  • O C-halli é un pavillón de adestramento de fútbol cun campo completo de céspede artificial que foi finalizado en 1998.[1]
  • O D-halli está destinado a adestramentos de fútbol sala e floorball. Completouse en 2006.[1]
  • O E-halli ou TähtiAreena é un pavillón finalizado en 2013 no que se realizan feiras, concertos e eventos corporativos. Ten capacidade para 3 100 persoas en concertos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Hallitilat" (en finés). TESC. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  2. Järvelä, Kaisa (12 de setembro de 2013). "Jättikonsertit saivat oman kodin". Aamulehti (en finés). p. B18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]