Jacinto Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Vic, España |
Morte | 22 de setembro de 1936 (30/31 anos) Arteixo, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, sindicalista, traballador ferroviario |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Vigatá |
Jacinto Méndez Esporrín,[1] coñecido como Vigatá, nado en Vic en 1905 e finado en Arteixo o 22 de setembro de 1936, foi un xornalista e sindicalista catalán residente en Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ferroviario. Foi con Francisco Llerena un dos fundadores do Sindicato ferroviario da Coruña integrado na CNT. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica e directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal, do que foi presidente (1933-1935). Colaborou en Solidaridad Obrera e Solidaridad. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 representou a FAI na conformación do Comité de Defensa da República da Coruña. Foi detido e encadeado no cárcere da Coruña. Foi asasinado sen agardar á formación de causa, o seu cadáver apareceu en Barranqueiras, na parroquia de Pastoriza (Arteixo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunhas fontes o segundo apelido aparece como Esporín.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 174. ISBN 84-87783-79-1.
- Apuntamentos para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (M)