Celso Dourado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celso Dourado
Celso Dourado na Feiira do Libro de Ribadeo.jpg
Celso Dourado na Feiira do Libro de Ribadeo, Letras no Campo 2022
Nacemento1960
Lugar de nacementoBarreiros
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e artista plástico
Na rede
Facebook: Eido-Dourado Flickr: eidodourado Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Celso Dourado, nado en Barreiros en abril de 1960,[1] é un artista e empresario galego.

Unha experiencia traumática que tivo como consecuencia a amputación de ámbalas dúas mans, marcou a súa vida ós oito anos, deixando unha forte impronta na súa provocadora obra. Fixo estudos de Arte en Madrid, Lugo e A Coruña. Milita no activismo artístico, social e cultural.[2][3]

Desenvolvemento artístico[editar | editar a fonte]

Expón con regularidade a partir dos anos 80 e colabora como ilustrador nalgunhas publicacións.

Xunto coa súa compañeira, Tereixa Barcia, ten rexentado o Cámping Gaivota ata a actualidade, en San Miguel de Reinante, e promovido nel diversas actividades artísticas.[2]

A finais do século XX concibiu a idea de Eido Dourado, espazo artístico persoal en San Miguel de Reinante,[4] preto da praia das Catedrais, que abriu as súas portas de 2009 a 2018. As obras de dito espazo estaban realizadas principalmente con materiais de refugallo. Constaba de vivenda, obradoiro e exposición permanente interior e exterior. O espazo foi un dinamizador cultural, usado para actuacións diversas, tendo pasado polo mesmo Mini e Mero, Ugia Pedreira, Comba Campoy ou Miguel de Lira, entre outros.[5] Para Celso, a traxectoria de Eido Dourado foi "moi gratificante" e de "realización persoal", unha tempada da que só lle queda mal sabor de boca dos políticos.[3]

Dende a súa clausura e ata o momento (2022) está a crear outro espazo adicado á arte con museo e multicentro cultural (incluíndo café e sala de exposicións), en Ribadeo.[6]

As características das súas creacións inclúen o uso dunha figuración con partes surrealistas, onde as mans son protagonistas. Predomina a liña fronte á cor, tendo usado técnicas non habituais como o pirogravado ou as “boligrafías” (grafías feitas a bolígrafo), a máis do uso de tinturas, vernices, lapis, cristais ou area.[7] A súa obra pictórica que non está concibida para o simple desfrute, senón que obriga a pensar e a reflexionar até o extremo.[2]

Exposicións[editar | editar a fonte]

Conxuntas[editar | editar a fonte]

Proxecto Abertal, Lugo 2008[8]

Retrospectivas[editar | editar a fonte]

“Arredor do debuxo”, Museo Provincial de Lugo, 2009[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Celso Dourado". Galegos. Consultado o 19-05-2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 López, Suso (06-08-2013). "Celso Dourado: resistir para sobrevivir". Praza Pública. Consultado o 19-05-2022. 
  3. 3,0 3,1 Villapol, Pablo (27-03-2022). "Que foi de... Celso Dourado?". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 20-05-2022. 
  4. "Dúas citas: Espazo Caritel en Foz e o museo de Celso Dourado". La Voz de Galicia (en castelán). 30-06-2018. Consultado o 19-05-2022. 
  5. "EIDO DOURADO - Reapertura 2010". YouTube. Consultado o 19-05-2022. 
  6. "Celso Dourado". Actualidad Barreiros (en castelán). Consultado o 19-05-2022. 
  7. "Celso Dourado. Artista". ArteInformado (en castelán). 03-06-2014. Consultado o 19-05-2022. 
  8. "Proxecto Abertal. Arte lucense do século XXI / Rede Museística provincial de Lugo". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 19-05-2022. [Ligazón morta]
  9. "Arredor do debuxo, Exposición, Pintura, 2009". ArteInformado (en castelán). 03-06-2014. Consultado o 19-05-2022.