Celso Currás Fernández
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de xullo de 1953 Trabada, España |
| Consellería de Cultura, Educación e Universidade | |
| 1996, 2005 – ← Juan Piñeiro Permuy – Laura Sánchez Piñón → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, pedagogo |
| Familia | |
| Pai | Celso Currás López |
| Irmáns | Ángel Currás Fernández |
Celso Currás Fernández, nado en Trabada o 17 de xullo de 1953, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Celso Currás López. É doutor en Ciencias da Educación e diplomado en Psicoloxía e Maxisterio. Foi Director Xeral de Formación e Emprego da Consellería de Familia e deputado do Parlamento de Galicia. O 28 de maio de 1996 o presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga Iribarne nomeouno Conselleiro de Educación, en substitución de Juan Piñeiro Permuy. Permaneceu nese cargo durante varias lexislaturas até a perda da maioría absoluta do PPdG nas eleccións autonómicas de 2005.
Xestión como conselleiro
[editar | editar a fonte]Impulsou a Oferta Inicial de Ensinanzas postobrigatorias nos Centros de Ensino Público de Galicia, a figura do Centro público integrado, como resposta á dispersión e caída da poboación no espazo rural galego, e as denominadas axudas á escolarización. Apoiou a educación musical mediante proxectos de novos conservatorios e axudas e subvencións aos centros de música. Abriu varios Centros de Formación e Recursos para o profesorado. Puxo en marcha o Sistema de Información da Educación Galega e o Museo Pedagóxico de Galicia. No eido universitario deseñou un Programa de Financiamento e creou a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Así mesmo, estableceu un Plan de promoción e estabilidade do profesorado[1].
No ano 2004 o Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, encárgalle a sinatura do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, negociado con múltiples sectores e que acadou a unanimidade de todas as forzas parlamentarias.
| Predecesor: Juan Piñeiro Permuy |
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria 1996-2005 |
Sucesor: Laura Sánchez Piñón |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia 2003, Xunta de Galicia, pp. 218 a 250 ISBN 84-453-3459-X