Celso Currás López
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xaneiro de 1919 Vilalba, España |
| Morte | 2 de outubro de 2001 valor descoñecido |
| 1958 – 1982 – Ramón Villapol Valea → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, mestre |
| Familia | |
| Fillos | Celso Currás Fernández, Ángel Currás Fernández |
Celso Currás López, nado en Vilalba o 25 de xaneiro de 1919 e finado o 2 de outubro de 2001, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre (1940), procurador dos tribunais, Axudante Técnico Sanitario e licenciado en Dereito. En 1946 foi destinado a Trabada onde exerceu como mestre ata a súa xubilación. Foi nomeado alcalde de Trabada en 1958 permanecendo no cargo ata a chegada da democracia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Trabada e foi elixido alcalde, pero renunciou ao cargo en 1982. En 1964 foi designado deputado provincial, cargo que renovou na lexislatura 1983-1987.
| Predecesor: ? |
Alcalde de Trabada 1958 - 1982 |
Sucesor: Ramón Villapol Valea |
É pai do tamén político Celso Currás Fernández.