Celestino Horta Resúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCelestino Horta Resúa
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Celestino Horta Resúa, nado en Boiro, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño da Ponte Beluso. Traballaba nas minas de San Fins e era sindicalista. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. A súa muller, Manuela Creo foi detida e o seu irmán, Agustin asasinado en novembro de 1936. Formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela no que se integraron Avelino Méndez Suárez, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame. Estivo tres anos no monte, e outros seis agochado en casas dos veciños. Finalmente entregouse no cuartel de Santiago de Compostela.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]