Avelino Méndez Suárez
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1914 Oviedo, España |
| Morte | 24 de abril de 1939 Vilacova, España |
| Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | mineiro, sindicalista |
Avelino Méndez Suárez, coñecido como Asturiano, nado en Oviedo cara a 1914 e finado en Vilacova (Lousame) o 24 de abril de 1939, foi un mineiro e sindicalista anarquista asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Lousame, pertenceu ao Sindicato Minero y Profesiones Varias das minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Logo fuxiu ao monte. Formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela no que se integraron Celestino Horta Resúa, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame. Logo dun atraco nas minas o 14 de abril de 1937 tentaron marchar cara Asturias. Ao non conseguilo volveron a Lousame e seguiron agochados no monte. Avelino foi asasinado nunha galería na que se agochaba na Fionsa polo cabo da Garda Civil Ríos, destacado nas minas de San Fins, o 24 de abril de 1939.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agrafoxo, Xerardo (2002). Memorias do franquismo. Noia: Toxosoutos. pp. 53–74. ISBN 84-95622-60-2.
- Breve historia da coluna Sanfins