Hilario Arroyo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1908 Roa |
| Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
| Actividade | |
| Ocupación | mineiro, sindicalista |
Hilario Arroyo Maestre,[1] coñecido como Moreno, nado en Roa (Burgos) en 1908, foi un mineiro e sindicalista anarquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Instalado en Lousame, foi presidente do Sindicato Minero y Profesiones Varias nas minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Cando A Coruña caeu definitivamente, vírono no Mesón do Vento con Enrique Fernández Maneiro e Abdón de Ces. Fuxiu ao monte. Foi xulgado na Coruña por rebelión e declarado en rebeldía. As autoridades da ditadura emitiron unha requisitoria en xaneiro de 1937.[2] Estivo agochado nos montes de Lousame, Padrón e Boiro.