Manuel Fernández Valle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Fernández Valle
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fernández Valle, coñecido como Portafondón, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba onde tomou contacto co sindicalismo. Ao seu retorno organizou a sociedade agraria de Palas de Rei. Foi detido en outubro de 1934[1] e coñeceu na prisión a Benedicto Fuentes Díaz. En maio de 1935 Antón Villar Ponte recolleu nun artigo unha súa denuncia sobre os acaparadores de millo da comarca.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, no grupo de Marrofer, que se encargaba das zonas de Melide e Alto Ulla e colaborou con Ramón Rodríguez Varela "Curuxás". Logrou fuxir de Galicia e exiliouse na Arxentina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Ideal Gallego, 30-10-1934, p. 6.
  2. El Pueblo Gallego, 19-5-1935, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]