Ceftibuten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceftibuten
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Ceftibuten é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializado baixo o nome de Cedax.

Espectro de acción[editar | editar a fonte]

Ceftibuten é activo fronte Streptococcus pneumoniae, Streptococcus pyogenes, Haemophilus influenzae e Moraxella catarrhalis. As especies de Enterococcus, Pseudomonas aeruginosa e Bacteroides fragilis son resistentes[1].

Indicacións[editar | editar a fonte]

As indicacións deste medicamento son a bronquite aguda e a otite media aguda.

Dosificación[editar | editar a fonte]

So existe formulación oral. A dose convencional é de 400 miligramos cada 12 ou 24 horas. A dose debe axustarse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 50).

Embarazo e lactación[editar | editar a fonte]

Ceftibuten está incluído na categoría B da FDA durante o embarazo. Non hai estudos sobre a concentración de ceftibuten no leite materno, pero si se sabe que outras cefalosporinas si se secretan no leite, polo que se recomenda precaución[2]. .

Efectos secundarios[editar | editar a fonte]

Semellantes ao resto das cefalosporinas, destacan as náuseas e a diarrea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "ceftibuten" da FDA" (PDF). Consultado o 12 setembro 2018.