Casuals
Os casuals é a denominación inglesa dun grupo de seareiros de fútbol británicos que se caracterizaban por vestir roupa formal. Tiveron o seu momento de apoxeo entre os anos 70 e 80 do século XX. Poderiamos traducilos polos formais.
Orixes
[editar | editar a fonte]Os casuals comezaron a medrar cando os seareiros de fútbol británicos regresaban das competicións futbolísticas por Europa continental, particularmente os ingleses Nottingham Forest, West Ham United F.C. e moi en especial Everton F.C. e Liverpool F.C.. Moitos deles traían destas viaxes roupa mercada en tendas de deseñadores italianos ou franceses, que lles daba un aspecto formal, en contraste coas roupas deportivas que vestían ao saír do Reino Unido. A roupa procedía en casos concretos de saqueos a tendas, que nacían de liortas protagonizadas polos hooligans ou seareiros violentos.
Os seareiros vestidos de formal, os casuals, foron neses anos motor de conflitos e liortas ao infiltrárense entre os afeccionados dos equipos contrarios. O éxito desta moda debeuse fundamentalmente a dous factores: dunha banda, esta vestimenta servíalles de camuflaxe diante das accións da policía, que procuraba seareiros violentos de estética skin-head ou vestidos con roupas deportivas do club que animaban. Doutra, permitíalles continuar as liortas nos pubs, pois moitos deles tíñanlle (e aínda teñen) prohibida a entrada a seareiros portando bufandas, puchos ou camisolas identificativas de determinados equipos.
Entre as marcas de roupa preferidas polos casual están Fila, Stone Island, Fiorucci, Pepe, Benetton, Sergio Tacchini, Ralph Lauren, Lyle & Scott, Le Coq Sportif, Ellesse, Lacoste, Quiksilver, Rip Curl, Kappa, Kickers, Pringle, Burberry e Slazenger.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Casuals e as súas marcas de roupa
- Countylad.com Arquivado 05 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Páxina web Casual