Quiksilver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quiksilver

Tenda de Quiksilver en Australia
TipoPrivada
Fundación1969
LocalizaciónHuntington Beach, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorAlan Green
John Law
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa, calzado, accesorios e taboas de surf
Beneficio neto107,12 millóns de USD
Número de empregados7 875
Na rede
https://www.quiksilver.com/
Facebook: quiksilver Twitter: quiksilver Instagram: quiksilver Youtube: UCwMV2FVARycp5_p665_eyZg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Quiksilver é unha compañía australiana especializada na elaboración de material e roupa de surf, skate e snowboard.

O seu logotipo representa unha onda e unha montaña, dous dos elementos da natureza máis característicos de dous dos deportes aos que se dedica Quiksilver, o surf e o snowboard. O logo baséase na "Grande onda de Kanagawa", do pintor nipón Katsushika Hokusai.

Historia[editar | editar a fonte]

Creación[editar | editar a fonte]

Quiksilver foi creada en 1970, cando dous surfeiros, Alan Green e John Law, propuxeron quedar a vivir na localidade australiana de Torquay para comezar alí unha vida e practicar o surf. En 1969, Green producía traxes de baño (máis tarde sería Rip Curl) cun préstamo do seu pai de 2.500 dólares, e o ano seguinte el e John formarían Quiksilver.

Green e Law puxéronse a traballar xuntos no deseño de novos traxes para surfistas, traxes máis resistentes, con peches de velcro e de secado rápido, moi innovadores para a época. Tanto Green como Law probaron eles mesmos os seus traxes ante as miradas doutros surfistas que comprobaron que aquilo funcionaba. Quiksilver comezaba a labrarse un nome na zona. Jeff Hakman, un dos mellores surfistas da época, creu ver nestes traxes o futuro do surf.

Evolución da empresa[editar | editar a fonte]

No 1976 Hakman foise de Torquay co trofeo Bells e disposto a introducir e distribuír Quiksilver no mercado norteamericano. Jeff viaxou a Hawaii para reunirse con Bob “Buzz” McKnight, un viaxeiro amigo da universidade que gravaba escenas de surf. En Hawaii o novo traxe de baño tamén pegou con forza entre os habitantes da illa. Jeff convenceu a Green e a Law para que lles vendese a licenza americana de Quiksilver a el e a Bob. A mediados dos 70 xa había un centro de distribución da marca en Newport Beach (California).

En 1984 Jeff Hakman viaxou a Europa cos directores de vídeos de surf Harry Hodge, Brigitte Darrigrand e John Winship onde fundarían Quiksilver Europa coas anteriores e exitosas fórmulas de mercadotecnia americanas e australianas.

  • En 1988 Quiksilver asegurouse ó campión do mundo do surf, Tom Carroll e dous anos máis tarde a un surfista afeccionado que nos anos seguintes sería o mellor surfista de todos os tempos con 8 títulos mundiais, Kelly Slater.

En 1991 fundouse Roxy, a versión feminina de Quiksilver e que correspondía tamén o nome dunha filla dun dos fundadores. Pouco a pouco Quiksilver foi deseñando e elaborando materiais de snowboard (botas, abrigos e traxes especiais para a neve) e roupa comercial orientada os fans do surf e o skate. Ademais o equipo de Quiksilver nutríase de auténticos profesionais do surf: o dobre campión do mundo Tom Carroll desenvolvía e deseñaba materiais en Australia; Bruce Raymond campión de Australia, era o director de mercadotecnia; o dez veces campión do mundo de windsurf, Robby Naish encargaríase da zona europea; Willy Morris, campión de surf de Estados Unidos, era xefe de vendas en California.