Saltar ao contido

Castelo de Dunnottar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Dunnottar
Aberdeenshire e Dunnottar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instalacións
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1400 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
Recoñecemento
Monumento planificado
Data28 de abril de 1920
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons
O castelo en 1900

O castelo de Dunnottar localízase a tres quilómetros ao sur de Stonehaven, na costa nordeste da Escocia.

Erguido en posición dominante sobre o mar, no cume dun cantil, a súa actual estrutura remonta ao século XIII. Sábese, entre tanto, que existiu un castelo mais antigo, no mesmo lugar, construído por tribos da Caledonia, por volta do ano 84.

O castelo de Dunnottar desempeñou un papel importante na historia da Escocia, na Idade Media, debido á súa localización estratéxica, permitindo unha vixilancia coidada da circulación de navíos naquel litoral, así como dos movementos terrestres.

Actualmente está en ruínas, e é propiedade privada. Encóntrase aberto ao público, sendo visitado por centenas de turistas todos os anos, sendo aínda apreciada a observación de gaivotas e outras aves, que o habitan en copioso número, facendo desta zona costeira da Escocia un santuario do norte da Europa, en termos de poboacións e diversidade de especies naturais.

Características

[editar | editar a fonte]

As ruínas están dispersas por unha área de cerca de tres acres, cercada por cantís escarpados, que se lanzan sobre o Mar do Norte, cincuenta metros abaixo.

O acceso ao castelo faise por un camiño estreito, que o une a terra e por unha escadaria de grande declive, que conduce a un portón macizo.