Casper Van Dien

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casper Van Dien
Casper Van Dien by Gage Skidmore.jpg
Van Dien en maio de 2012.
Nome completoCasper Robert Van Dien, Jr.
Alcume/outrosVan, Cap, Tarzan, Mr.Oxenburg, Robb
Nacemento18 de decembro de 1968 (54 anos)
LugarMilton, Florida Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Educado enAdmiral Farragut Academy e Universidade do Estado da Flórida
Cónxuxe(s)Catherine Oxenberg (1999-presente)
Carrie Mitchum (1993-1997; divorciados)
FillosMaya, Celeste, Cappy e Gracie.
ProfesiónActor
(1990-presente)
Na rede
http://www.caspervandien.com
IMDB: nm0000680 Allocine: 11680 Allmovie: p233108 TV.com: people/casper-van-dien
Twitter: CasperVanDien Musicbrainz: 2b4f9788-306b-4325-ba4c-31efd04c0ff6 WikiTree: Van_Dien-23 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Casper Robert Van Dien, Jr. nado en Milton (Florida) o 18 de decembro de 1968, é un actor estadounidense coñecido principalmente polo seu papel como Johnny Rico en Starship Troopers e como Andre en Watch Over Me, serie emitida en My Network Tv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha mestra de xardín de infancia retirada e dun piloto de guerra, pasou a súa infancia en Ridgewood, Nova Jersey. Na súa familia existe unha longa tradición militar, xa que o seu avó foi marine na segunda guerra mundial. Van Dien é descendente dunha familia holandesa longamente asentada na área de Nova York. Tamén ten ascendencia sueca, francesa, inglesa e nativa americana.

Cando medrou mudouse coa súa familia a Florida e enrolouse na división San Petersburgo. Despois foi á Universidade Estatal de Florida en Tallahassee, incribíndose como pre-médico. Alí elixiu clases de teatro como actividade "extra escolar". Pasou pouco tempo ata que actuar comezou a eclipsar o seu interese pola medicina, e deixou a universidade para continuar a súa carreira nese campo.

Trasladouse aos Ánxeles e conseguiu pequenos papeis en series e filmes de televisión. Dúas das súas primeiras oportunidades foron os papeis secundarios que realizou en One Life to live, e Beverly Hills, 90210. A continuación participou en numerosos filmes lanzados directamente ó mercado doméstico como Night Eyes 4, Beastmaster 3, The Eye of Braxus ou Night Scream. Acadou un maior recoñecemento ó protagonizar o biopic de James Dean:Race with Destiny, pero foi xusto despois cando obtivo o decisivo papel de Johnny Rico no filme de ciencia ficción de Paul Verhoeven Starship Troopers. Isto levouno a ser elixido como Tarzán en Tarzan and the Lost City. Tamén encarnou a Brom von Brunten en Sleepy Hollow, o filme de Tim Burton que toma como base o clásico de Washington Irving.

Volvendo ás súas raíces televisivas, no ano 2000 aparece en Titans, do produtor Aaron Spelling para a NBC, xunto con Yasmine Bleeth, John Barrowman, Perry King e Victoria Principal. No 2005 produce e aparece no reality show I Married a Princess, sobre a súa vida profesional e persoal xunto con Catherine Oxenberg, cuxa nai é a princesa Elizabeth de Iugoslavia. A finais de 2006 Van Dien foi elixido para a serie Watch Over Me no papel de Andre mentres que a súa muller é tamén co-protagonista caracterizando a Leandra Thames.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estivo casado con Carrie Mitchum (neta de Robert Mitchum) dende 1993 até o 1997. Tiveron dous fillos: Cappy (Casper Robert Mitchum Van Dien) e Gracie (Caroline Dorothy Grace Van Dien).

A única vez que a parella traballou xunta foi preto do final do matrimonio, en James Dean: Race with Destiny, onde tamén actuou con Robert Mitchum. Saíu con Denise Richards algún tempo mentres traballaban en Starship Troopers.

Durante a rodaxe de The Collectors, coñeceu a Catherine Oxenberg. Traballaron xuntos no suspense cristián The Omega Code. Casaron en maio de 1999. Oxenberg tiña unha filla, India, dun matrimonio anterior. Actualmente, Van Dien e Oxenberg teñen dous fillos en común, Maya e Celeste.

No ano 2006, Van Dien foi invitado ó Larry King Live, onde admitiu que foi obxecto de abusos sexuais por parte da súa coidadora cando tiña oito anos. Gardouno en segredo até os trinta e dous.

Filmografía[editar | editar a fonte]