Saltar ao contido

Casa da Moeda de Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa da Moeda de Suráfrica
South African Mint Mint
Suid-Afrikaanse Munt
TipoCompañía privada.
Fundación- 1890: 1ª ceca nacional.
- 1923: Sucrursal da Royal Mint.
- 1941: Casa da Moeda de Suráfrica.
LocalizaciónCenturion
Sudáfrica Suráfrica.
FundadorPaul Kruger
IndustriaMetal (cuñaxe).
ProdutosMoedas, medallas, lingotes, etc.
Na rede
http://www.samint.co.za
Facebook: SouthAfricanMint Twitter: samint Instagram: southafricanmint Youtube: UC9Vd5tr3Zr8fzhP5IDHzqbQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Casa da Moeda de Suráfrica (en afrikaans: Suid-Afrikaanse Munt; en inglés: South African Mint) é a compañía da República Surafricana responsable da cuñaxe de todas as moedas dese país, correspondentes ao sistema do rand surafricano, en nome do Banco da Reserva de Suráfrica. Ademais, produce discos sen cuñar e moedas completas para outros países.

A ceca surafricana está na localidade de Centurion, preto da capital administrativa de Suráfrica, Pretoria.

Primeira serie completa cuñada na Casa da Moeda de Suráfrica.
Krugerrand, a máis popular das moedas de investimento da Casa da Moeda de Suráfrica.

A partir da descuberta de ouro en Suráfrica, que deu orixe á febre do ouro de Witwatersrand en 1886, o daquela presidente do país, Paul Kruger, decidiu o establecemento dunha ceca nacional.[1] A ceca surafricana inaugouse en 1890 e comezou a súa produción o 6 de xullo de 1892 en Pretoria.[2][3]

Despois da segunda guerra dos bóers en 1902, o país foi anexionado polo Imperio Británico e pasou a constituírse como a colonia de Transvaal, o que provocou o pechamento da Casa da Moeda, ao asumir como propia a libra esterlina. Consonte a Lei da moeda de 1919, os británicos fundaron na colonia unha filial da Royal Mint o 1 de xaneiro de 1923, na que se produciron 83.114.575 soberanos de ouro en tanto que estivo en activo. Cando a República de Suráfrica cortou os lazos que a unían á antiga metrópole, a sucursal da Royal Mint pechou o 30 de xuño de 1941 e máis tarde reabriu reconvertida na Casa da Moeda de Suráfrica.[2][3]

Durante dúas décadas, a moeda do Reino Unido seguiu a circular polo territorio surafricano, ata que en 1961 se constituíu formalmente a República Surafricana e se introduciu no país un novo sistema monetario, baseado no rand. A Casa da Moeda de Suráfrica emitiu moedas do novo sistema con valores faciais desde medio centavo ata dous rands.[2][3]

Na década de 1980, a ceca foi privatizada polo Banco da Reserva de Suráfrica e en 1988 pasou a denominarse formalmente como South African Mint Company Ltd.[2][3]

A Casa da Moeda de Suráfrica atópase na localización actual de Centurion desde outubro de 1992, e as súas instalacións albergan unha tecnoloxía das máis avanzadas do mundo para a produción de moeda, tanto para Suráfrica como para outros países.[2][3]

Moeda-bono dun dólar de Cimbabue, cuñada na Casa da Moeda de Suráfrica.

Os produtos máis significativos producidos pola ceca surafricana son os seguintes:

  • Moedas circulantes en Suráfrica, do sistema do rand.[4]
  • Moedas conmemorativas e de investimento en prata e en ouro.[5]
  • Pezas de aceiro bañado en bronce e de bronce niquelado.[6]
  • Moedas-bono (bond coins) por encarga do Banco da Reserva de Cimbabue.[7][8]
  • Moedas do sistema da Libra sursudanesa con valores de 10, 20 e 50 piastras, e 1 e 2 libras.[9]
  1. "Gold Discovery and Production in South Africa Arquivado 20 de abril de 2020 en Wayback Machine.". South Cape Coins.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "A History of the South African Mint". En Provident Metals.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "The History of the South African Mint Arquivado 15 de decembro de 2019 en Wayback Machine.". South Cape Coins.
  4. "South African Circulation Coins". South African Mint.
  5. "Bullion". South African Mint.
  6. "International services". South African Mint.
  7. Serie de 1 cent, 5 cents, 10 cents, 25 cents, 50 cents, 1 dólar e 2 dólares. Numista.
  8. "Zimbabweans suspicious of new 'bond coins'". En Times Live. 22 de decembro de 2014.
  9. Serie de 10 piastras, 20 piastras e 50 piastras, 1 libra e 2 libras. Numista.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]