Carranzo[1] é unha parroquia do concello de Llanes, no Principado de Asturias. Atópase na zona oriental do concello, linda coas parroquias de Pendueles (ao norte), Tresgrandas (ao oeste), La Borbolla (ao sur) e Vidiago (ao oeste). É, cos seus 1,93 km² de extensión, unha das parroquias máis pequenas do concello, e conta con só dous núcleos de poboación: Pielasierra (75 habitantes) e Santulalia (74 habitantes) (INE, 2009).