Los Carriles[1] é unha parroquia do concello asturiano de Llanes. Atópase na zona occidental do concello, lindando coas parroquias de Ḥontoria (ao norte), Rales (ao leste), Vibañu e Los Caleyos (ao sur) e Nueva (ao oeste). Ten unha extensión de 3,44 km² e todos os habitantes viven nun único núcleo, que está formado polos seguintes barrios: L'Acebal, El Doradiellu, L'Inḥiestu e La Retuerta.