Carolyn Steel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarolyn Steel

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoLondres Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura, Urbanismo, desenvolvemento urbano, Escrita creativa e profesional, Q112686217 Traducir e lectorship (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecta , xornalista , mestra , escritora , conferenciante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarolynsteel.com… Editar o valor em Wikidata
Twitter: carolynsteel TED: carolyn_steel Editar o valor em Wikidata

Carolyn Steel, nada en Londres,[1] é unha arquitecta, escritora e profesora británica. Preocúpase pola relación entre a alimentación e a cidade e o desenvolvemento das cidades. En 2008 publicouse o seu best-séller The Hungry City.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como arquitecta na Universidade de Cambridge completando esta en 1984. De 1995 a 1996 foi alumna da British School de Roma onde estudou a historia da cidade. Despois dos seus estudos comezou a traballar como arquitecta e combinou isto coa docencia e a escritura. Ensinou na London School of Economics, na Universidade de Cambridge e na London Metropolitan University. En 1989 uniuse a Kilburn Nightingale Architects, un despacho de arquitectura do que finalmente chegou a ser directora.

En 2008 publicou o libro The Hungry City. Con el gañou o premio Jerwood da Royal Society of Literature de non ficción.[2] O libro describe, entre outras cousas, como os fluxos de alimentos entraron en Londres e como se desenvolveron co paso do tempo. Critica a forma actual na que se manexan os alimentos e indica que hai que facer as cousas doutro xeito. Tamén afirma que a comida barata non existe. No último capítulo fala da cidade ecolóxica chinesa Dongtan.[3] Nese capítulo introduce o concepto de sitopía (do grego sitos, comida, e topos, lugar) querendo asentar que todo o que nos rodea como os nosos corpos, os hábitos, as casas, o espazo ou o clima, están definidos por aquilo que comemos.[4] O seu libro describe a industria alimentaria como o xogo do mercado globalizador.[5]

En 2010 converteuse en profesora convidada na Universidade de Wageningen. Ao ano seguinte publicouse a tradución ao holandés do seu libro Hungry City.

Foi presentadora do programa de televisión One Foot in the Past. Tamén foi editora da revista Building designe.

Participou nos encontros "Carta de Santiago" en Santiago de Compostela en 2021.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "About Me". hungrycitybook.co.uk. Consultado o 2021-11-21. 
  2. "SL Jerwood Awards". Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  3. "De hongerige stad moet duurzaam gevoed". 
  4. Delgado, Miguel Ángel (18 de decembro de 2020). "La comida barata no existe". elagoradiario.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2021. Consultado o 21 de novembro de 2021. 
  5. "‘De Hongerige Stad’ Carolyn Steel, een bron van inspiratie". 
  6. ""A distancia mental e física entre nós e os lugares que nos alimentan distorsiona o noso sistema de valores"". Praza Pública. 2021-11-20. Consultado o 2021-11-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]