Saltar ao contido

Caroline Rémy de Guebhard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCaroline Rémy de Guebhard

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Séverine Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Caroline Rémy Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1855 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de abril de 1929 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Pierrefonds, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPierrefonds Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista, empresario de medios, activista polos dereitos das mulleres, escritora, xornalista, editora literaria Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés (1921–)
Sección Francesa da Internacional Obreira (1918–) Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioSéverine
Arthur Vingtras
Séverin Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAdrien Guébhard (1885–1924)
Antoine-Henri Montrobert (1871–1885) Editar o valor en Wikidata
ParellaGeorges de Labruyère (1885–1920)
Jules Vallès Editar o valor en Wikidata
FillosRoland Guebhard
 () Adrien Guébhard Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Caroline Rémy de Guebhard, nada en París o 27 de abril de 1855 e finada en Pierrefonds o 24 de abril de 1929, foi unha anarquista, xornalista e feminista francesa, máis coñecida baixo o pseudónimo literario de Séverine.[1][2]

Trayectoria

[editar | editar a fonte]
Retrato de Caroline Rémy por Pierre-Auguste Renoir

Arredor de 1880, Rémy involucrouse na publicación socialista de Jules Vallès, Cri du Peuple, da que tomou o control un tempo despois debido á mala saúde de Vallès.[3] Cada vez máis militante nos seus puntos de vista, fíxose amiga da súa compañeira xornalista e feminista Marguerite Durand, mais tras un enfrontamento co marxista Jules Guesde, deixou o xornal en 1888. Continuou a escribir noutras publicacións, promovendo a emancipación da muller e denunciando inxustizas sociais de todo tipo, incluíndo o caso Dreyfus. De feito, o 31 de xullo de 1892 e debido a este caso, Rémy converteuse na primeira xornalista da historia que entrevistou un papa, León XII.[4] Uns anos despois, en 1897, comezou a escribir para o xornal feminista La Fronde[5] creado e dirixido por Durand.[6]

Apoiou a Revolución Rusa de 1917 e, en 1921, uniuse ao Partido Comunista Francés. Non obstante, só uns anos despois abandonou o para manter a súa pertenza á Ligue des droits de l’homme (et du citoyen).[7] Como defensora incondicional da esquerda, Rémy apoiou algunhas das causas anarquistas máis importantes da época, como a defensa de Germaine Berton, e tamén participou nos esforzos de 1927 para salvar os anarquistas italianos Sacco e Vanzetti.[8]

Bernard Lecache, membro fundador do Comité de Honor da Liga Internacional Contra o Antisemitismo (LICA) escribiu a súa biografía. O seu retrato foi pintado por Pierre-Auguste Renoir en 1885 e atópase na National Gallery of Art de Washington.[3]

Pouco antes do seu falecemento participou na campaña de apoio á candidatura do médico Albert Besson, elixido conselleiro do distrito de Saint-Fargeau, conselleiro xeral do Sena, logo vicepresidente do Consello de París e do Consello xeral do Sena. Rémy faleceu en 1929 na súa casa de Pierrefonds, departamento de Oise, na rexión de Picardía, en Francia. Algúns dos seus documentos localízanse na Bibliothèque Marguerite Durand de París. En 1933, en memoria de Séverine, Besson fixo que o Consello de París votase a atribución do nome "Séverine" á praza que creara por iniciativa del Porte de Bagnolet (París XX).[1]

  • Pages rouges, París, H. Simonis Empis, 1893.
  • Notes d’une frondeuse : de la Boulange au Panama, Préf. Jules Vallès, París, H. Simonis Empis, 1894.[9]
  • Pages mystiques, París, H. Simonis Empis, 1895.
  • En marche, París, H. Simonis Empis, 1896.[10]
  • Affaire Dreyfus : Vers la lumière... impressions vécues, París, Stock, 1900.[11]
  • La Toute-puissance de la bonté, (S. l.), 1900.
  • Sac à tout : mémoires d’un petit chien, París, F. Juven, 1903.
  • À Sainte-Hélène, pièce en 2 actes, París, V. Giard et E. Brière, 1904.
  • Line : 1855-1867, París, Crès, 1921.
  • Choix de papiers, annotés par Évelyne Le Garrec, París, Tierce, 1982.
  • Impressions d’audience, (Émile Zola, "J’accuse !", réactions nationales et internationales) Valenciennes, Presses universitaires de Valenciennes, 1999.
  1. 1,0 1,1 "SÉVERINE [Caroline RÉMY, dite] [Dictionnaire des anarchistes] - Maitron". maitron-en-ligne.univ-paris1.fr (en francés). Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  2. "Séverine (1855–1929)". Encyclopedia.com. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Évelyne Le Garrec, Séverine, une rebelle 1855-1929 (édition du Seuil, 1982), 308 páxinas.
  4. "La primera entrevista a un Papa -León XII- la hizo una periodista atea". Aleteia.org | Español (en castelán). 2 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  5. "Séverine De son vrai nom Caroline Rémy, insurgée toute sa vie". L'Humanité (en francés). 9 de xullo de 2012. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Blum, Françoise (1993). "Séverine ou la recherche d'une justice perdue". Mil neuf cent (en francés) 11 (1): 94–100. ISSN 1146-1225. doi:10.3406/mcm.1993.1088. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  7. "Caroline Remy, known under the name Severine". The Daily Bleed: A Calendar. 28 de outubro de 2005. Archived from the original on 28 de outubro de 2005. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  8. "Le Progrès de Bel-Abbès ["puis" de Sidi-Bel-Abbès]. Journal de l'arrondissement de Sidi-Bel-Abbès". Gallica (en francés). 25 de maio de 1910. Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  9. texte, Séverine (1855-1929). Auteur du (1894). "Notes d'une frondeuse : (de la Boulange au Panama) / Séverine ; [préface de Jules Vallès]". Gallica (en francés). Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  10. texte, Séverine (1855-1929). Auteur du (1896). "En marche... / Séverine". Gallica (en francés). Consultado o 8 de outubro de 2018. 
  11. texte, Séverine (1855-1929). Auteur du (1900). "Vers la lumière... impressions vécues : affaire Dreyfus / Séverine". Gallica (en francés). Consultado o 8 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Hugues Lapaire, Séverine, citoyenne de La Châtre en Berry, 40 páx., éditions du Gargaillou, Châteauroux
  • Paul Couturiau, Séverine, l’insurgée, Mónaco, Éditions du rocher, 2001. ISBN 2-268-04054-2
  • Odile, Krakovitch, (1 de decembro de 2005). "Séverine et Vallès. Le Cri du Peuple". Revue d'histoire du XIXe siècle. Société d'histoire de la révolution de 1848 et des révolutions du XIXe siècle (en francés) (París: Éditions Payot, Collection « Portraits intimes ») (31): 282. ISBN 2-228897-08-6. ISSN 1265-1354. Consultado o 8 de outubro de 2018. </ref> ISBN 2-228-89708-6
  • Évelyne Le Garrec, Séverine (1855-1929), Vie et combats d'une frondeuse (postface de Bernard Noël), l'Archipel, 2009.
  • Françoise Blum, « Séverine ou la recherche d'une justice perdue », Mil neuf cent : Revue d'histoire intellectuelle, no 11 « Comment sont-ils devenus dreyfusards ou anti-dreyfusards ? », 1993, páx. 94-100.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]