Bianca Jagger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBianca Jagger

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Bianca Pérez-Mora Macías Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Blanca Pérez-Mora Macias Editar o valor em Wikidata
2 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Managua, Nicaragua Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNicaragua
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Estudos Políticos de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocialité , modelo , actriz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMick Jagger (1971–1978), divorcio
FillosJade Jagger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0415588 Allocine: 35328 Allmovie: p35001
Musicbrainz: 6818ed63-4fcf-4e83-a93a-b310eb3b154d Editar o valor em Wikidata

Bianca Jagger, de solteira Bianca Pérez-Mora Macías,[1] nada en Managua o 2 de maio de 1945, é unha activista e antiga actriz nicaraguana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Jagger naceu en Managua. O seu pai era un importador e exportador de éxito e a súa nai era ama de casa.[2] Divorciáronse cando Bianca tiña dez anos e ela quedou coa súa nai, que tivo que coidar tres fillos cun pequeno soldo. Aos dezaseis anos cambiou o nome de Blanca a Bianca.[1] Reciciu unha bolsa para estudar ciencias políticas en Francia no Instituto de Estudos Políticos de París. Foi influída polo éxito da non violencia de Gandhi e a filosofía oriental. Viaxou amplamente pola India.[3]

Matrimonio e vida pública[editar | editar a fonte]

Bianca coñeceu a Mick Jagger nunha festa despois dun concerto de The Rolling Stones en Francia en setembro de 1970.[4] Casaron en 1971 nunha cerimonia católica en Saint-Tropez, cando estaba embarazada de catro meses. Xuntos tiveron unha filla, Jade Jagger.[5] Aínda que hai debates sobre a data exacta, a parella visitou Nicaragua despois do terremoto de 1972.

O matrimonio estivo rodeado sempre de rumores sobre adulterio e Bianca solicitou o divorcio en maio de 1978 debido a relación de Jagger coa modelo Jerry Hall.[6][7] Bianca chegou a declarar: «O meu matrimonio finalizou o día da miña voda».[8]

Activismo[editar | editar a fonte]

En 1979, Bianca Jagger visitou Nicaragua cunha delegación da Cruz Vermella e quedou impresionada coa brutalidade do réxime de Anastasio Somoza; isto persuadiuna para dedicarse a tarefas relacionadas coa xustiza e os dereitos humanos.

Durante os anos 1980, opúxose á intervención dos Estados Unidos en Nicaragua trala Revolución Sandinista. Opúxose á pena de morte e manifestouse a favor dos dereitos das mulleres e das minorías amerindias, especialmente do pobo yanomami no Brasil e Venezuela.

Colaborou con organizacións humanitarias como Amnistía Internacional e Human Rights Watch. En 2003 foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade do Consello de Europa.[9]

En 2013 realizou unha visita a Nicaragua, para a celebración do Festival de Poesía da cidade de Granada, onde foi homenaxeada por moitos artistas nacionais, como Gioconda Belli, entre outros.

En 2016 foi acusada de emitir mensaxes racistas en Twitter onde promocionou a web Metapedia coa listaxe de parlamentarios británicos que votaron a favor da intervención militar en Iraq; esa listaxe contiña termos despectivos e racistas. Aínda que intentou desculparse en Twitter sinalando que non sabía que colocara unha ligazón dunha enciclopedia de extrema dereita, o escándalo superou as súas desculpas.[10]

En 2018, durante as manifestacións antigobernamentales en Nicaragua, Bianca Jagger visitou o país xunto con Amnistía Internacional. Durante esa visita, Bianca Jagger e Erika Guevara-Rosas (directora para as Américas de Amnistía Internacional) presenciaron o ataque dos paramilitares contra os estudantes que tomaron a Universidade Nacional de Enxeñaría (UNI); elas estaban reunidas na Universidade Centroamericana (UCA) co reitor José Alberto Idiáquez cando comezou o asedio. A visita deu lugar á publicación conxunta dun informe titulado "Disparar a matar", en que se expoñen as violacións aos dereitos humanos que estaba a levar a cabo o goberno de Daniel Ortega. Nese infrome destacábase que a "estratexia de represión" estivera caracterizada polo uso excesivo da forza, execucións extraxudiciais, control dos medios de comunicación e o uso de grupos parapoliciais para rebentar as protestas cidadás. O saldo desa violencia fora nese momento de 81 persoas asasinadas.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andersen, Christopher (2012). Mick: The Wild Life and Mad Genius of Jagger. Robson Press. ISBN 978-1-84954-382-8. 
  2. Weiss, Michael J. (29 de marzo de 1982). "Bianca Jagger Trades Social Life for Social Activism". People. Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de agosto de 2009. 
  3. "Bianca Jagger Biography, Bio, Profile, pictures, photos from". Netglimse.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2010. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  4. Fonseca, Nicholas (18 de maio de 2001). "Limited Engagement". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de febreiro de 2022. 
  5. Périer, Marie. "L'image vintage du week-end : Bianca et Mick Jagger en 1971". Vogue (en francés). Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  6. "Landlord files to have Bianca Jagger evicted". CNN. 6 de abril de 2005. Consultado o 9 de abril de 2010. 
  7. "Bianca Jagger". Huffingtonpost.com. Consultado o 11 de xuño de 2010. 
  8. Margotin, Philippe; Guesdon, Jean-Michel (25 de outubro de 2016). The Rolling Stones All the Songs: The Story Behind Every Track (en inglés). Running Press. ISBN 9780316317733. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  9. Consejo de Europa. ""Goodwill Ambassadors" spreading the Council's message" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2007. 
  10. Forrester, Katy (12 de xullo de 2016). "Bianca Jagger shares a list of MPs branded 'homosexuals' and 'negroes'". Consultado o 23 de xullo de 2016. 
  11. "Amnistía confirma: “Dispararon a matar”". Confidencial (en castelán). 30 de maio de 2018. Consultado o 29 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]