Carolina García Tenreiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Neda |
Morte | século XX valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , política |
Lingua | Lingua castelá |
Carolina García Tenreiro, nada en Neda, foi unha mestra e política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra.[1] En 1907 foi nomeada mestra interina da escola mixta de Aranza (Soutomaior), praza á que renunciou en outubro de 1909 por problemas de saúde. En 1912 foi mestra substituta nesa escola, presentando novamente renuncia en abril de 1914, para ir á escola de nenas de Marín. Despois foi substituta en Codeseda (A Estrada) e Salceda de Caselas. A finais de 1916 foi nomeada mestra de Guláns (Ponteareas), alí enemistouse co párroco que a levou aos tribunais. Condenada, a sentenza non foi cumprida por presións de arriba, pero o cura e o deputado Manuel Fernández Barrón conseguiron o seu traslado de Guláns.[2] En agosto de 1918 foi nomeada mestra substituta en Vilaboa. Entre maio de 1921 e xuño de 1926 exerceu en Chaín (A Insua, Ponte Caldelas), e nese ano foi nomeada mestra de Santo Paio de Arriba (Reboreda).
Militante do Partido Republicano Radical, en 1934 foi nomeada concelleira de Redondela, tomando posesión o 13 de novembro como membro da corporación presidida por Buenhijo Pérez Sobrino. Foi a primeira concelleira de Redondela. Presentou a dimisión como concelleira en decembro de 1935. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendida de emprego e soldo o 1 de setembro.[3] Foi reposta en abril de 1938,[4] e continuou ensinando en Reboreda ata a súa xubilación en 1943.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- A muller en RedondelaArquivado 16 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
- Carolina García Tenreiro na páxina web Nomes e Voces.