Carol Hanisch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carol Hanisch
Nacemento1942
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Carol Hanisch, nada en 1942, é unha xornalista e activista estadounidense do feminismo radical. O seu slogan máis coñecido é “o persoal é político” (The Personal is Political) recollido nun ensaio co mesmo nome, publicado en 1969.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

Formada en xornalismo pola Universidade Drake, uniuse en 1965 ó Movemento de Dereito Civil do Mississippi onde entendeu a forza da unión en loitas de minorías contra a opresión.[2]

É fundadora do grupo Mulleres Radicais de Nova York (New York Radical Women), tamén editou o libro Redstockings, Feminist Revolution, publicado en 1975 e creou o xornal Meeting Ground, un impreso que circulou dende 1978 até 1992.

Unha de súas accións máis importantes foi a protesta contra o concurso Miss América de 1968.[3] Carol foi unha das catro mulleres, que interrompeu o proceso. A tensión creada atraeu moita atención para o Movemento de Liberación da Muller.[2]

Hanisch participou tamén de diversas outras loitas, tales como as contra o racismo, o apartheid na Suráfrica, e o imperialismo americano.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Smith, Dale M. (2012). Poets Beyond the Barricade: Rhetoric, Citizenship, and Dissent after 1960 (en inglés). University of Alabama Press. p. 153–. ISBN 9780817317492. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Páxina de Carol Hanisch (ed.). "Women of the World, Unite!" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2016. 
  3. Buchanan, Paul D. (2011). Radical Feminists: A Guide to an American Subculture: A Guide to an American Subculture (en inglés). ABC-CLIO. p. 124–. ISBN 9781598843576.