Carlota de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlota de México
Empress Carlota of Mexico ca1864-1866.jpg
Nacemento7 de xuño de 1840
 Laeken
Falecemento19 de xaneiro de 1927
 Bruxelas-Capital
Causapneumonía
SoterradaChurch of Our Lady of Laeken
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónaristócrata
PaiLeopoldo I de Bélxica
NaiLuísa Maria d'Orleães
CónxuxeMaximiliano I de México
IrmánsLuís Filipe, Príncipe Herdeiro da Bélgica, Leopoldo II de Bélxica e Filipe, conde de Flandres
editar datos en Wikidata ]

Carlota de Bélxica, e logo Carlota de México, nome completo: María Carlota Amelia Augustina Vitoria Clementina Leopoldina de Saxonia-Coburgo e Gotha, foi emperatriz de México durante o Segundo imperio mexicano de Maximiliano I de México.

Única filla de Leopoldo I, rei dos belgas, naceu no palacio de Laeken, en Bruselas, o 7 de xullo de 1840. O 27 de xullo de 1857 casa co arquiduque Maximiliano de Austria, irmán de Francisco Xosé I de Austria e gobernador pola época de Lombardia e Venecia.

Trala incursión de Napoleón III en México, e coa intención de converte-lo país américano en satélite de Francia, Maximiliano acepta a oferta francesa de coroarse emperador de México, e polo tanto Carlota emperatriz (1864).

O estado mental de Carlota comezou a declinar co esmorecemento do propio imperio acabado de nacer. Volta a Europa e é internada no castelo de Miramar en Trieste (Italia), e logo en Meise (Bélxica), onde morrería o 19 de xaneiro de 1927.

Castelo de Miramar