Carlota Bustelo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlota Bustelo García del Real 1 de novembro de 1939 (85 anos) Madrid, España |
Instituto de la Mujer | |
1983 – 1988 ← novo cargo – Carmen Martínez Ten (pt) → | |
Deputada de España | |
2 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Pais | Francisco Bustelo Vázquez e Carlota García del Real |
Irmáns | Francisco Bustelo García del Real Carlos Bustelo García del Real |
Parentes | Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, curmán |
Premios | |
| |
Carlota Bustelo García del Real, nada en Madrid o 1 de novembro de 1939[1] é unha política española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas.[2] Pertence ao PSOE desde 1974[3] e en 1976 participou na creación da Fronte de Liberación das Mulleres.[4] Foi deputada por Madrid polo PSOE na lexislatura constituínte (1977-1979). Defendeu a legalización dos anticonceptivos e a igualdade constitucional. Foi a primeira directora do Instituto da Muller en España (1983-1988).[5][6]
Dereitos das mulleres
[editar | editar a fonte]Bustelo formou parte dos inicios do movemento feminista en España. Segundo o investigador Francisco Arriero Ranz, a finais dos anos 60 e principios dos 70 formou parte do Movemento Democrático das Mulleres xunto con outras mulleres de orixe socialista como Helga Soto ou Graciela Uñá.[7]
En 1975 foi unha das principais impulsoras do grupo Muller e Socialismo:[8][9]
Defensora das cotas e da paridade nos partidos, rexeitou ser incluída nas listas do PSOE nas eleccións lexislativas de marzo de 1979 por considerar que o número de mulleres incluídas era insuficiente.[2]
A súa participación foi clave na Lei do Divorcio aprobada en España o 22 de xuño de 1981.[10]
Defensora dos dereitos sexuais e reprodutivos, comprometida coa loita polo dereito ao aborto, mostrouse partidaria de que o PSOE desenvolvese unha "lei de prazos" "que permitise ás mulleres decidir libremente durante os tres primeiros meses coa máxima información posible" contando co apoio de Esquerda Unida.[3]
Sobre a prostitución, avogou por abordar a prostitución como unha cuestión política, debatida en toda a sociedade, do mesmo xeito que ocorreu cos malos tratos e a violencia contra as mulleres . Como obxectivo inmediato, os dereitos humanos das prostitutas deben ser respectados. A longo prazo, o obxectivo é que a prostitución desapareza.[11]
De 1994 a 1999, Bustelo foi a presidenta fundadora da Fundación Mujeres,[12] organización na que seguiu traballando na defensa dos dereitos das mulleres[13] e da que, denden 2020, é presidenta de honra.[14][15]
En maio de 2020 renunciou á dotación económica (15.000 euros) que estaba asociada ao Premio Internacional Luisa de Medrano á Igualdade, para destinala a recursos, a favor das mulleres vítimas de violencia de xénero e creada no contexto da COVID-19.[16]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- Premio anual 2022 na súa XXV edición da asociación feminista El Club de las 25. Ano que coincide cos 25 anos de existencia.[17]
- Premio Internacional da Igualdade Luisa de Medrano (2020), outorgado pola Xunta de Castela-A Mancha.[18]
- Premio Muller Progresista (1995).[19]
Obra
[editar | editar a fonte]- Reflexiones sobre mujer y feminismo (1977).[20]
- Una alternativa feminista (1979).[21]
- Prólogo no libro: Las Mujeres de los 90: El largo trayecto de las jóvenes hacia su emancipación (1991) Autoría: Josep María Riera, Josep María Riera Mercader e Elena Valenciano. Ediciones Morata
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bustelo García del Real, Carlota" (en castelán). Consultado o 2022-02-06.
- ↑ 2,0 2,1 El País (30 de xullo de 1988). "Carlota Bustelo, 'segunda' de Asuntos Sociales" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 El País (3 de outubro de 1990). ""Me voy por cansancio"" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ Karmentxu Marín. El País (4 de abril de 1983). "Carlota Bustelo: "El nombramiento de una feminista al frente del IDEM puede tener un sustrato de mala conciencia"" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ Oliva Acosta (2011). "Las constituyentes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ "Persona - Bustelo, Carlota (1939-)". Consultado o 2021-02-11.
- ↑ Arriero Ranz, Francisco (2015). "El movimiento democrático de mujeres, del antifranquismo a la movilización vecinal y feminista: Ideología, identidad y conflictos de género" (en castelán). Universidad Autónoma de Madrid. Consultado o 28 de marzo de 2019.
- ↑ Quaggio, Giulia (23 de xuño de 2017). "La cuestión femenina en el PSOE de la Transición: de la marginación a las cuotas" (en castelán) 24 (1): 219–253–253. ISSN 1134-6396. doi:10.30827/arenal.vol24.num1.219-253. Consultado o 28 de marzo de 2019.
- ↑ Carlota Bustelo (1980). "Mujer y socialismo para cambiar la vida PSOE" (PDF).
- ↑ Lola Huete Machado. El País (2 de decembro de 2012). "Pioneras de la democracia" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ Rosa Rivas. El País (25 de marzo de 1994). "Un debate sobre prostitución compara a ésta con la venta de órganos" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ "Mujeres ZP". El siglo de Europa. 14 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Committee on the Elimination of Discrimination against Women" (en inglés). ONU. maio de 1999. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ "Organigrama de Fundación Mujeres". Fundación Mujeres. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2021. Consultado o 17 de xullo de 2015.
- ↑ Redacción (30 de abril de 2020). "Carlota Bustelo, premiada por el Instituto de la Mujer de Castilla-La Mancha". lacronica.net (en castelán). Consultado o 16 de agosto de 2022.
- ↑ Press, Europa (3 de maio de 2020). "Bustelo renuncia a dinero del Premio 'Luisa de Medrano' en favor de las mujeres víctimas de violencia de género". Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ elDiario.es (2022-04-21). "La organización feminista 'El Club de las 25' celebra veinticinco años de activismo" (en castelán). Consultado o 2022-04-22.
- ↑ "Carlota Bustelo, V Premio Internacional de Igualdad Luisa de Medrano" (en inglés). 30 de abril de 2020. Consultado o 6 de maio de 2020.
- ↑ El País (23 de marzo de 1996). "Premios Mujer Progresista" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ Instituto Andaluz de la Mujer (2003). "Carlota Bustelo: vivir en igualdad" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.
- ↑ Instituto Andaluz de la Mujer (2003). "Carlota Bustelo: vivir en igualdad" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2013.