Carlos Pol Caamaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Pol Caamaño
 Ordes
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiFlorencio Pol Ramos
editar datos en Wikidata ]

Carlos Pol Caamaño, nado en Ordes, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Florencio Pol Ramos. Republicano, en 1891 fundou a loxa masónica de Ordes. Foi elixido presidente do Comité republicano-progresista do partido de Ordes en 1885[1]. Dirixiu os periódicos A Fuliada (1888) e Brisas y Tormentas (1900). Foi presidente da Sociedad de composición musical y declamación (1901). Publicou poemas e relatos en galego na revista A Fuliada. En 1901 estreáronse no Salón Lino as súas obras dramáticas nun acto, El amor y el deber, La madre obrera e A caza de microbios[2]. En 1904 dirixiu a revista El Argos, órgano da Liga de Amigos da Coruña. Posteriormente emigrou a Arxentina.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Edad de locos, 1888 (comedia en verso en dous actos)[3].
  • Sir Wasongtong: Juguete cómico en un acto, en prosa y verso, 1902.
  • Oinegni o los locos del siglo XX: Juguete cómico en cinco cuadros y en verso, 1902.
  • El crimen de la calle de San Andrés.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-3-1885, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 21-5-1901, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 10-10-1888, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]