Carlos Pol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Pol
Biografía
Nacemento1862 Editar o valor em Wikidata
Ordes Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFlorencio Pol Ramos Editar o valor em Wikidata
IrmánsJulio Pol Caamaño Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 134559

Carlos Pol Caamaño, nado en Ordes cara a 1862, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Florencio Pol Ramos. Foi procurador e escribano en Ordes. Republicano, en 1891 fundou a loxa masónica de Ordes. Foi elixido presidente do Comité republicano-progresista do partido de Ordes en 1885.[1] Trasladado a Coruña, foi mestre na escola de La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Dirixiu os periódicos A Fuliada (1888) e Brisas y Tormentas (1900) e colaborou en A Monteira. Foi presidente da Sociedad de composición musical y declamación (1901). Publicou poemas e relatos en galego na revista A Fuliada. En 1901 estreáronse no Salón Lino as súas obras dramáticas nun acto, El amor y el deber, La madre obrera e A caza de microbios.[2] En 1904 dirixiu a revista El Argos, órgano da Liga de Amigos da Coruña. Emigrou a Arxentina en 1906.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Edad de locos, 1888 (comedia en verso en dous actos)[3].
  • Sir Wasongtong: Juguete cómico en un acto, en prosa y verso, 1902.
  • Oinegni o los locos del siglo XX: Juguete cómico en cinco cuadros y en verso, 1902.
  • El crimen de la calle de San Andrés.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Crespo e foi pai de Julio, Pastora, Ramiro, Lucila e Pablo Pol Crespo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 14-3-1885, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 21-5-1901, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 10-10-1888, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]