Constituíuse a finais de 1896 e xurdiu coa finalidade de "favorecer el desarrollo de las ideas librepensadoras, difundiendo la instrucción integral y laica". Foi impulsada por elementos republicanos como Eduardo López Budén e José Arias Díaz e simpatizantes anarquistas. Sostivo unha escola laica vencellada á figura do mestre racionalista Constancio Romeo de 1898 a 1922. A escola foi pechada en 1909 por mor da Semana Tráxica de Barcelona, mais abriu pouco despois co nome de Colexio Laico Froebel.[1]