Carlos Masquelet
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2018) |
Nome orixinal | (es) Carlos Masquelet Lacaci |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de xullo de 1871 Ferrol, España |
Morte | 1948 (76/77 anos) La Jonquera, España |
Xefe da Casa Militar do Presidente da República | |
18 de marzo de 1936 – 1 de abril de 1939 ← Domingo Batet | |
Ministro da Guerra | |
19 de febreiro de 1936 – 13 de maio de 1936 ← Nicolás Molero Lobo (en) – Santiago Casares Quiroga → | |
Capitán Xeneral das Illas Baleares | |
setembro de 1935 – 12 de xaneiro de 1936 ← Manuel Goded – Manuel Goded → | |
Ministro da Guerra | |
3 de abril de 1935 – 6 de maio de 1935 ← Alejandro Lerroux – José María Gil Robles → | |
Xefe do Estado Maior do Exército de Terra | |
Representa: Segunda República Española 17 de febreiro de 1933 – 19 de maio de 1935 ← Manuel Goded – Francisco Franco → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | militar, político |
Carreira militar | |
Lealdade | Segunda República Española |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | general de división (pt) |
Conflito | guerra civil española |
Premios | |
Carlos Masquelet Lacaci nado en Ferrol o 14 de xullo de 1871[1][2] e finado en La Jonquera (provincia de Xirona) en 1948, foi un enxeñeiro militar galego. Masón de ideoloxía republicano-liberal,[3] foi Xeneral de División do Ministerio de Defensa durante a Segunda República Española.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alumno na Academia Xeral Militar de Toledo en 1886 e membro do Corpo de Enxeñeiros do Exército. Estivo en campañas militares en Marrocos. Durante a ditadura de Primo de Rivera, foi nomeado profesor da Academia Militar de Enxeñeiros e posteriormente foi destinado como profesor á Escola de Maquinistas da Armada Española en Ferrol. Xunto con Rodolfo Ucha, en 1895, foi membro da Xunta de asesoramento de obras do Hospital Xeral, presidida por Montero Subiela.
Foi autor do proxecto de ampliación e modernización da Base Naval de Ferrol, nos anos 1920.[2] Ascendeu a Xeneral de Brigada en outubro de 1930. Manuel Azaña nomeouno Xefe do Estado Maior Central. Foi ministro da Guerra do 3 de abril ao 6 de maio de 1935.[5][6] En 1936 volveu ser nomeado ministro da Guerra, do 19 de febreiro ao 13 de maio de 1936.[7][8]
Das primeiras autoridades en fortificacións militares, deseñou a fronte defensiva de Madrid durante a Guerra Civil Española. Ao inicio da Guerra Civil fortificou Madrid, deseñou e realizou o plan xeral da fronte defensiva da cidade baseado nunha xeira de fortíns, distribuídos en catro aneis que rodeaban a capital, nas localidades de Aravaca, Pinto, Pozuelo de Alarcón, Dehesa de la Villa e Monte del Pardo. A formulación foi controvertida polo seu deseño e utilidade. As obras foron feitas por persoal civil voluntario, motivado e dirixido por forzas sindicais principalmente. Tentando adaptarse á topografía do terreo. Construíron trincheiras e fortificacións tipo búnker de formigón armado e cantería. Varias destas fortificacións aínda se conservan en bo estado na capital madrileña.
O 19 de xullo de 1937 Carlos Masquelet pasou á reserva coma Xeneral de División. Ao finalizar a Guerra Civil Española exiliouse en Francia.[3] Anos despois regresou a España. Faleceu en La Jonquera en 1948.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Real Orde de San Hermenegildo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández 1988, p. 196.
- ↑ 2,0 2,1 Zaragoza 1983, p. 275.
- ↑ 3,0 3,1 Alpert 2013, p. 342.
- ↑ Carlos Masquelet Lacaci, artigo en Juan José Burgoa en Diario de Ferrol, 18 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ Urquijo Goitia 2008, p. 123.
- ↑ Thomas 1976, p. 116.
- ↑ Urquijo Goitia 2008, pp. 126-127.
- ↑ Thomas 1976, p. 196.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alpert, Michael (2013). The Republican Army in the Spanish Civil War, 1936-1939. Cambrige University Press. ISBN 978-1107028739.
- Blanco Escolá, Carlos (2005). Franco. La pasión por el poder. Barcelona: Planeta.
- de Arce, Carlos (1998). Los generales de Franco. Seuba Ediciones.
- Fernández, Carlos (1988). La guerra civil en Galicia. La Voz de Galicia.
- Thomas, Hugh (1976). Historia de la Guerra Civil Espanola. Barcelona: Círculo de Lectores. ISBN 84-226-0874-X.
- Urquijo Goitia, José Ramón (2008). Gobiernos y ministros espanoles en la edad contemporánea. Madrid: CSIC.
- Zaragoza, Cristóbal (1983). Ejército Popular y militares de la República, 1936-1939. Barcelona: Ed. Planeta.
Predecesor: Manuel Goded Llopis (ata 1932) |
Xefe do Estado Maior Central do Exército 17 de febreiro de 1933 - 19 de maio de 1935 |
Sucesor: Francisco Franco Bahamonde |
Predecesor: Alejandro Lerroux |
Ministro de Guerra 3 de abril - 6 de maio de 1935 |
Sucesor: José María Gil-Robles |
Predecesor: Nicolás Molero Lobo |
Ministro de Guerra 19 de febreiro - 13 de maio de 1936 |
Sucesor: Santiago Casares Quiroga |