Carlos Martínez Pardo
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 19 de xaneiro de 1996 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Carlos Martínez Pardo, nado o 19 de xaneiro de 1996 na Coruña, é un xogador galego de baloncesto. É internacional coa selección española da modalidade 3x3, da que se proclamou campión do mundo en 2025 en Mongolia.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ó baloncesto nas categorías inferiores do Básquet Coruña, onde chamou a atención do Saski Baskonia, quen fichou ó xogador coruñés no ano 2010. Ó ano seguinte debutou en Liga EBA co UPV Álava.
Debutou co primeiro equipo do Baskonia en xaneiro de 2014, da man do adestrador Sergio Scariolo nun partido da Euroliga fronte ao Olympiacos,[1] e na tempada seguinte saíu cedido ao Araberri da LEB Prata.[2] Ao seu regreso debutou na Liga ACB co Baskonia, xogando catro partidos na parte final da tempada.
Na tempada 2015/16 marchou de novo cedido, esta vez ao Lucentum Alicante, tamén da LEB Prata.[3] Ao volver da cesión desvinculouse do club vasco e fichou polo Oviedo, da LEB Ouro.[4] En principio fichou só temporalmente para substituír o lesionado Eduardo Hernández-Sonseca, pero o seu alto rendemento fixo que o club o renovase ata o final da tempada.[5] Alí disputou 37 partidos, xogou as semifinais play-offs e gañou a Copa Princesa de Asturias.[6] Ao ano seguinte marchou a Logroño, onde fichou polo CB Clavijo.[6]
O 14 de xullo de 2018, anunciouse a súa volta ao equipo da súa cidade natal, o Leyma Coruña da Liga LEB Ouro.[7] Na súa primeira tempada xogou unha media de 14,3 minutos por partido aportando 4,7 puntos e 2,4 rebotes en 23 encontros disputados e sufriu unha lesión que lle fixo perder un terzo da tempada.[8] Foi renovado para unha segunda tempada na que apenas tivo continuidade co adestrador Sergio García, e en xuño de 2020 o club anunciou a súa saída, deixando así un oco libre para a ficha de Álex Llorca.[9][10]
Tras a súa saída do equipo coruñés marchou a Onil, Alacant, onde participou na fundación do Onil 3x3, un equipo profesional de baloncesto 3x3.
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española de baloncesto sub-16, coa que disputou o Europeo de 2012 en Lituania e Letonia, e coa sub-18, coa que obtivo un quinto posto no Europeo de 2014 en Turquía.
En 2020 foi o primeiro galego convocado para a selección española de baloncesto 3x3.[11][12] En 2025 disputou en Ulán Bátor o Campionato do Mundo de 3x3, formando equipo con Iván Aurrecoechea, Guim Expósito e Diego de Blas. Tras finalizar na terceira posición do seu grupo, o equipo español eliminou sucesivamente a Australia, a China e Alemaña, antes de derrotar na final a Suíza, proclamándose así campión mundial.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (28 de febreiro de 2014). "El coruñés Carlos Martínez ya debutó en Euroliga". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "El Baskonia cede tres jugadores de su cantera al Araberri" (en castelán). 10 de setembro de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Carlos Martínez cedido al Lucentum de Leb Plata" (en castelán). 3 de setembro de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Carlos Martínez: Gran esperanza que todavía está a tiempo de todo" (en castelán). 18 de abril de 2017. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Carlos Martínez renueva mientras Drew Windler se fuga" (en castelán). 29 de novembro de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 "Carlos Martínez, otro alero para el CB Clavijo" (en castelán). 19 de agosto de 2017. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ El Leyma Coruña anuncia el fichaje de Carlos Martínez[Ligazón morta]
- ↑ "Carlos Martinez, renueva su contrato con el Leyma Coruña." (en castelán). 8 de xullo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "Carlos Martínez e Sean Smith non seguirán na próxima tempada no Leyma Coruña". www.basquetcoruna.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ Balado, Lois (5 de febreiro de 2020). "El Leyma cortará a Carlos Martínez para inscribir a Álex Llorca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Carlos Martínez, el primer gallego en la selección de baloncesto 3x3: "Es todo un orgullo"" (en castelán). 14 de novembro de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ Zaballa, Pablo (8 de febreiro de 2021). "Carlos Martínez y Javi Vega repiten con la selección española 3x3" (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "El coruñés Carlos Martínez hace cima en el Mundial de baloncesto 3x3". DxT Campeón (en castelán). 30 de xuño de 2025. Consultado o 5 de xullo de 2025.