Carlos Barros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Barros Guimeráns»)
Carlos Barros
Nome completoCarlos Barros Guimeráns
Nacemento3 de xullo de 1946
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador
XénerosHistoria
Na rede
http://www.cbarros.com/
Dialnet: 2659889
editar datos en Wikidata ]

Carlos Barros Guimeráns, nado en Vigo o 3 de xullo de 1946, é un historiador galego especialista en historia medieval de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Barros estudou na súa cidade natal e en Madrid enxeñería técnica industrial, nesta última cidade comezou a militar no PCE (1968) e ao remate dos seus estudos e a volta a Galicia no PCG, partido do que foi membro do seu comité central e secretario de relacións políticas. Foi detido en Ourense en maio de 1971 acusado de asociación ilícita e posto a disposición do Tribunal de Orde Pública[1]. Nas eleccións de 1977 foi o número dous da candidatura do PCE pola provincia de Pontevedra, pero non resultou elixido.[2] Licenciouse en Xeografía e Historia en 1986, e obtivo en 1988 o doutoramento coa tese, Mentalidad y revuelta en la Galicia irmandiña: favorables y contrarios. Exerce como profesor de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela dende 1990.

Obras historiográficas[editar | editar a fonte]

  • A mentalidade xusticieira dos irmandiños, Vigo, 1988.
  • Mentalidad justiciera de los irmandiños, siglo XV, Madrid, 1990.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X. .
  • ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais, Vigo, 1996.
  • Historiografía fin de siglo, Santiago de Compostela, 1996.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia, 26-5-1971, p. 11.
  2. El Pueblo Gallego, 13-4-1977, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]