Carlos Aymerich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Aymerich
Carlos Aymerich

18 de xullo de 2005 – Marzo de 2013

2000 – 2004

Datos persoais
Nacemento 1967
Vigo, Galicia
Partido BNG ( –2016)
Profesión Profesor, político
Twitter @CarlosAymcan

Carlos Ignacio Aymerich Cano, nado en Vigo en 1967, é un profesor universitario e político nacionalista galego que militou no BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deputado no Congreso pola provincia da Coruña entre os anos 2000 e 2004, tamén foi deputado pola Coruña no Parlamento galego polo BNG dende xullo de 2005 ata marzo de 2013.[1]

Despois da dimisión de Anxo Quintana como portavoz nacional tralas eleccións ó Parlamento de Galicia de 2009, Carlos Aymerich postulouse como novo candidato a este posto a través da plataforma Máis BNG. Foi o voceiro do Bloque no Parlmento de Galicia até o 8 de febreiro de 2012.[2]

O 29 de febreiro de 2016, trala XV Asemblea Nacional do BNG, anunciou que abandonaba o partido.[3]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. País, Ediciones El (2013-03-13). "El líder de los críticos del BNG deja el Parlamento gallego". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2015-12-01. 
  2. Aymerich deja la portavocía del BNG por coherencia “política y personal”(en castelán)
  3. "Carlos Aymerich anuncia que se va del BNG". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]